Intervención cirúrxica do director do MELGA

Este luns día 24 do presente mes de febreiro, con dez meses de espera, por fin, foi ingresado Ricardo Pérez e Verdes director do MELGA no CHUAC da Coruña, para ser intervido cirurxicamente onte martes día 25, ás 8:00 h., do xeonllo esquerdo para poñerlle un implante na mesma.

A operación foi a través do robot dá Vinci, tivo unha duración de aproximadamente 30 minutos e foi realizada polo xefe de traumatoloxía de xeonllo o doutor Benedicto Novoa e o seu equipo médico. A mesma, comenta o galeno, foi un éxito total. Agora só queda unha longa rehabilitación cos fisiterapeutas e despois… de novo ao choio, para retomar alá por finais do mes de marzo, se todo vai ben, as nosas visitas guiadas e actividades do museo.

Desexamos pedir desculpas a todos os nosos usuarios pola nosa obrigada ausencia das labores museístias. Comunicamos para aqueles grupos que tiñan reservadas as súas datas para visitarnos durante este período, xa foron situadas e comunicadas aos interesados para outras xornadas, sempre a partir do mes de abril.

As fins de semana (sábados e domingos) seguimos cos mesmos horarios de visitas por libre e os días festivos de entroidos, comunicaremos a través das nosas redes sociais, os nosos específicos horarios.

Gratitude pola vosa comprensión. Vémonos pronto de novo! Desexamos aue a ausencia sea curta¡ Estamos seguros de iso! Grazas a todos!

Para calquera información que precisen, por favor non deixen de contactar connosco, ben pola nosa páxina web info@museomelga.com ou ao móbil de contacto 661.29.02.46. Estamos á súa enteira disposición.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.