Un grupo numeroso de campista do Centro Ágora da Coruña, en total sumaban concretamente 120 nenos e nenas coruñeses/as, cuxa pinza oscilaba entre os 3 aos 14 anos de idade, moi ben acompañados por cinco monitores/as Kevín, David, Rosalía, Marta e Cris, que se achegaron na mañá de onte venres 8 de xullo para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
A expedición da actividade lúdico-cultural estaba comandada e organizada por Laura Cedrón Puente, animadora sociocultural do IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) e neste momentos, coordinadora xeral do Centro Ágora/Fórum Metropolitano da cidade Herculina e exalumna do noso guía-director na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF-Galicia).
O grupo, ao ser tan amplo, dividiuse en dous subgrupos de 60 nenos e nenas cada un, que preto de tres horas, desenvolveron no campo exterior ao aire libre e no interior das salas do museo, unha intensa actividade teórico-práctica. Aínda que cun tempo moi limitado para gozar amplamente da visita guiada, o grupo de pequenos desenvolveu xogos adaptados ás súas idades e o grupo de maiores realizaron xogos e deportes tradicionais galegos de maneira regulamentaria. A segunda sala foi a máis curta para ambos os grupos, aínda que puideron visionar todas as vitrinas do museo. Tanto a coordinadora como os monitores presentes coincidían que a visita que realizarían proximamente sería de forma individual, para captar mellor o museo doutra forma distinta que a realizada onte con moitos nenos ao seu coidado. Así que, comprometéronse a ser pronto de novo visitantes xa que, de momento, atopábanse insatisfeitos por non saborear de forma total dita visita guiada. Curiosamente tanto nenos/as, como monitores, era a súa primeira vez en desprazarse a Ponteceso e por descontado, non visitar nunca o museo.
Despois da sesión realizada no MELGA, sobre as 14:00 h., todos os compoñentes da excursión trasladáronse, en tres autobuses a Balarés, primeiro para bañarse (o día apetecía pola calor que tiñamos), en segundo lugar para repoñer forzas (almorzo) e terceiro para seguir xogando no marabilloso piñeiral pontecesán, ata a hora de regresar á cidade da Coruña, sobre as 16:00 horas.
Leave A Comment