Masiva e veloz visita guiada ao Melga do Coruña Veteran Car e a Asociación de Amigos das Motos Clásicas

Onte domingo día 15 de setembro en horario matinal, de 11,30 a 12,30 h. achegaronse ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), preto de duascentas persoas que pertencían a asociación de Coruña Veteran Car e da Asociación Amigos das Motos Clásicas, para realizar unha visita guiada da man do seu director Ricardo Pérez e Verdes.

A visita estaba marcada na programación das Festas da Barquiña con motivo da concentración de coches, motos e bicis clásicas dentro do IX Ponteclásico. A organización da proba correu a cargo, por unha banda da Asociación de Eventos de Ponteceso para as motos e coches antigos e o MELGA e a Fundación coas Biciclásicas.

Foi tal a acollida que tivo nesta ocasión o Ponteclásico que foron moitas as dificultades para realizar un correcto aparcamento da totalidade dos vehículos, pois en total superarían uns 100 vehículos entre as tres modalidades, primeiramente no aparcadoiro do museo e na totalidade dos arredores do Centro Cultural. Despois de solucionar este primeiro escano, a segunda dificultar atopouse en facer a visita guiada con tal cantidade de persoas que estaban concentradas para os seus respectivos roteiros, porque ninguén desexaba perdela.

Por tanto, con moito desgusto en gran parte dos visitantes, o percorrido por falta de tempo dispoñible, non superou nin corenta e cinco minutos. Como nas competicións, realizar a “máxima velocidade unha distancia (visita) no menor tempo posible”. A maioría das persoas que se fixeron presentes no MELGA estaban sorprendidas e asombradas de que Ponteceso, xa que o descoñecían, tivera un museo na devandita vila. Só houbo palabras de agradecemento por parte dos asistentes e prometendo a súa inmediata visita, pois só se habían quedaron “co mel nos beizos”.

 

Masiva e veloz visita guiada ao Melga do Coruña Veteran Car e a Asociación de Amigos das Motos Clásicas

 

Despois da rápida visita ao museo, todos os compoñentes da concentración coches-motos-bicis clásicas, desprazáronse á praza do Recheo onde alí se expuxeron as “xoias” de transporte terrestre. A continuación a comitiva dirixiuse aos Xardíns da casa patricial e natal de Eduardo Pondal, onde un membro da familia Pondal e o profesor Luís Giadás, relataron a historia da casa, así como todas anécdotas sobre a vida e obra de ilustre bardo pontecesano.

Finalizou a xornada cun roteiro cara a Corme e o Faro de Roncudo onde xantaron e entregaron os premios da concentración.

Exitazo maiúsculo do conxunto do Ponteclásico, aínda que o próximo ano, sen dúbida, xa se pensa en programar con amplitude de tempo para cada actividade que se planifique, para que os participantes, que nos visitan, non sentan “angustiados” nunha xornada tan comprimida.

 

Cabe destacar o gran labor desenvolto nesta ocasión por todos os membros de Protección Civil y Policia Municipal, que en cada instante da xornada estiveron á nosa dispoñibilidade e atención. Parabén! Felicitacións!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.