O MELGA abrirá o próximo día 15 na festividade da Asunción de María

PREVISIÓN INFORMATIVA

Informamos que o vindeiro xoves día 15 de agosoto, Día da festividade da Asunción de María, día festivo en toda España o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) abrirá as súas portas para todos aqueles interesados que desexen realizar unha visita libre o pola súa conta ao mesmo.

En vista da boa acollida que segue mantendo o museo durante as fins de semana, xa que aínda non contamos con servizo de lúns a vénres, ainda que son moitas as chamadas de familias que desexan visitarnos ola semana, a dirección do museo, decidiu abrir o MELGA, co horario de apertura e peche seguinte: de 11,00 a 14,00 h. pola mañá e de 17,00 a 19,00 h. pola tarde. Como de costume, no caso de que se formase un grupo como mínimo de 15 persoas e solicitouse a cita previa, a visita sería guiada na franxa horaria de 12,00 a 14,00 h. da xornada matinal.

Para maior información contactar ou ben a través do www.museomelga.com ou ricardoperezyverdes@gmail.com ou aos teléfonos 981.71.54.42 ou 661.29.02.46., onde se lles atenderá oportunamente.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.