Exitosa xornada de onte mércores 25 de xullo, Día de Galicia, de visitantes ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso. Sen dúbida, o día festivo na nosa comunidade autónoma, animou a moitas persoas (turistas) a achegarse ao museo de diferentes lugares de España, así, familias de madrileños, cataláns, asturianos, leoneses e galegos (Pontevedra, Lugo e A Coruña) déronse cita para coñecer e gozar dunha xornada lúdica-cultural polas nosas terras bergantiñás. Non só foron visitas xerais e particulares, pois tamén levou a cabo unha visita guiada de 11,00 h. ata as 14,00 h. do campamento de verán do centro City Kids de Bértoa (Carballo) da provincia da Coruña. Nesta primeira quenda de campistas, foi dunha vintena de nenos e nenas, entre os 4 e 11 anos de idade, acompañados polos seus profesores/monitores Noelia García e Jesús Rama como coordinador da actividade, xa que a semana que vén, regresarían de novo, nunha segunda quenda, xa que nesta ocasión o grupo fora moi reducido, debido á ausencia de moitos, por gozar da ponte do Apóstolo cos seus pais e familiares.
Despois de máis de tres horas de visita guiada, na cal nalgún momento, uníronse algunhas das persoas con visita privada, tanto campistas, como profesores e varias persoas escoitaron as explicacións do director do museo e gozaron das prácticas de xogos tradicionais alí programados. No encontro práctico, o profesor Jesús Rama cos seus alumnos, bateu o record de castelos de carozos de millo, establecendo unha impresionante marca de 39 pisos estables, pois a anterior estaba situada nos 18 pisos. Tamén pero neste caso, a profesora Noelia García e as súas alumnas, igualou a marca de castelos de pinzas da roupa nos 25 que era a máxima obtida ata o momento, pois ao colocar a número 26 derrubouse o castelo. En canto á nena de 10 anos Nuria Miriam Alim foi a gañadora dos agasallos de xogos tradicionais, (varias peonzas de colección), que ten a ben obsequiar o centro museístico, a toda aquela persoa que acerta máis preguntas referidas ao mundo do xogo e gana máis concursos monográficos durante a visita.
Unha exitosa xornada, moi especial, pois era a primeira vez que confluían dous visitantes diferentes, por unha banda medio centenar con visita persoal e polo outro lado un grupo de nenos de campamentos urbanos. Case un centenar de persoas nunha mañá memorable do Día Grande de Galicia.
Leave A Comment