Ainda que pareza mentira, o día de hoxe 25 de Julio-20, Día da Patria Galega e o Santo Patrón Santiago, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, non contamos con ningún cidadán galego na visitas privadas, aínda sabendo que a entrada era de portas.
Os visitantes corresponderon a outras comunidades autonómicas de España e a outros países europeos ou asiáticos. O perfil dos mesmos eran turistas, de carácter eminentemente familiar, que estaban interesados en coñecer a Costa da Morte e porque non, nos seus itinerarios como parada de descanso, coñecer o museo pontecesano. Como dato curioso sobre os asistentes (todos) ao MELGA no día de hoxe, o seu medio de transporte foi a autocaravana. Nalgún momento da mañá, o noso amplo aparcadoiro, non daba cabida a tanta “casa ao lombo”.
A procedencia dos mesmos foron de Madrid, Toledo, Asturias, León, Navarra e Cáceres. Madrid foi a comunidade autónoma con maior número de grupos (4 en total). En canto a estranxeiros a súa pertinencia viña de Francia, Bretaña francesa, Ucraína, Israel, Alemaña e Suíza.
En tres ocasiones na mañá e unha pola tarde, por parte do director do centro museístico, en honra á festividade do Día Nacional de Galicia, realizou unha visita guiada parcial, expoñéndolles exhaustivamente, teórico-práctica, os Xogos e Deportes Tradicionais do noso Patrimonio Lúdico e Inmaterial de Galicia, e a continuación deixándolles o percorrido das salas pola súa conta.
Leave A Comment