Na semana grande do instituro Maximino Romero de Bayo programan unha visita ao noso museo pontecesán

No día de onte, venres 20 de maio, en xornada matinal de 10:00 h. a 12:00 h. da mañá, o IES Maximino Romero de Lema da veciña poboación de Bayo (A Coruña), achegáronse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) para realizar unha visita guiada co noso director Ricardo Pérez y Verdes.

O grupo numeroso de 50 alumnos e alumnas do centro docente pertencían ao segundo da ESO do ensino secundario, en idades comprendidas entre os 13 e 14 anos de idade. Viñan acompañados cos seus profesores titores Carlos Fernández, Celestino Fernández e Íria Suárez Cotelo.

A visita estaba programada, dentro das numerosas actividades, que o centro escolar deseñara para a súa Semana Grande ou Cultural. Comentamos que os compoñentes do grupo colexial, era a súa primeira participación en visitar as nosas instalacións museísticas. Debido ás circunstancias e axusto da programación diaria de actividades, soamente puideron gozar de dúas horas de visita guiada, por tanto, con ganas de volver para gozar da segunda sala, xa que non se puido realizar ao completo a visita.

Uns visitantes moi participativos e entusiasmados por todo o que alí se propoñía e practicábase, non deixando de lado os retos desafiantes entre alumnos e alumnas, profesores/niveis contra alumnos/as e tamén co guía do museo. Como dato do que comentamos, segundo palabras dun profesor «estabamos moi preocupados coa visita, xa que entre os participantes atopábanse algúns discentes “revoltosillos” e temiamos que puidesen realizar unha “trasnada”, pero…foi incrible!, pois nin os notamos durante o tempo dedicado ao percorrido polas salas, ademais de ser moi colaboradores».

O premio da visita guiada nesta ocasión, doados como sempre, pola Fundación e o MELGA, foron parar ao alumno de 13 anos José Pereira, que cos seus acertos, levou o «gato á auga». Os profesores/as, que era tamén a súa primeira vez en achegarse ao museo, comentaron que volverían de novo en próximas datas, pois era unha actividade moi recomendable e divertida.

Ricardo Pérez y Verdes, director del Museo MELGA de Ponteceso, muestra el funcionamiento de un juguete antiguo a los alumnos del IES Maximino Romero de Bayo

Museo MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.