Neste mes de xullo, comezo do período estival, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) comprobou que, unha das actividades mais organizadas polos Campamentos Urbanos ou Rurais da nosa comunidade, as empresas que activan estas planificacións, un día dedícana a coñecer, dentro das súas limitacións horarias, unha visita ao noso museo.
Nesta ocasión, dentro do Programa de Campamentos de Verán que ten programados a Xunta de Galicia para toda a Autonomía, a visita guiada foi planificada para onte domingo día 3 de xullo de 2022, compoñíano un grupo de 40 persoas que procedían das catro provincias galaicas, e que se atopaban no Albergue Alalá Terra e Sons de Cabana de Bergantiños, desde o día 1 e que finalizará a súa estancia na nosa terra bergantiñá o próximo día 8 do presente mes. As idades dos campistas ían desde os 10 ata os 14 anos e os seus monitores eran: Aida Pérez, Eva Carril, Ronsel Pérez e Yago Espasandín representante do grupo.
Cunha duración de case tres horas de visita, tanto teórica como prácticamente, todos os compoñentes do campus, así como os seus monitores, pasaron revista e realizaron os diversos xogos tradicionais galegos, da man do noso guía-director, ás dúas salas do museo con gran atención e interese, sobre todo aqueles que procedían das outras tres provinciais galegas, pois descoñecían a existencia do devandito recinto museístico. Os encomios non se fixeron agardar, propoñendo, en canto chegasen aos seus lugares de procedencia, ás súas familias e centros docentes, a imperiosa cita dunha visita ao MELGA de Ponteceso.
A visita, pensamos, foi moi acertada e axeitada, precisamente pola campaña que a Xunta de Galicia tiña para este ano e que titulou «O verán que queres contar». Non só actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo dunha educación non formal, senón que a pretensión era que servisen non só para divertirse, senón tamén para o enriquecemento persoal e vital dos mozos. E o MELGA, na súa función prioritaria, «santo y seña», difúndeo e promociona.
Leave A Comment