Con motivo da festividade do día feriado da Asunción de María (15 de agosto), o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, abriu as súas portas para todas aquelas persoas que desexen realizar unha visita pola súa conta e ao mesmo tempo, sempre que exista un número de 15 persoas como mínimo, para unha visita guiada co noso guía-director Ricardo Pérez y Verdes.
Onte mesmo, sabendo que iamos abrir o museo neste día festivo, a última hora tivemos unha reserva, outra vez máis, por parte da directora Mariluz Imida que nos solicitaba a asistencia dun novo grupo, nun período dunha semana. O grupo campista residenciado no Albergue Alalá Terra e Son de Cabana de Bergantiños e procedían do Campamento de Rois (A Coruña) que ten organizado todos os veráns nesta localidade.
O grupo estaba composto de 30 mozos de idades comprendidas entre os 8 e os 116 anos e viñan acompañados do coordinador da actividade Sergio Vicente e dos moniotres Martina Baliña, Carlota Cabrera, Aitor Igrexas e Luqui Igrexas. Para todos os compoñentes do campamento era a súa primeira vez en visitarnos e procedían da localidade coruñesa de Rois. A excepción eran os seus monitores que ano tras ano, a súa cita estival é o noso MELGA e non só unha vez senón en varias ocasións.
A duración da sesión matutina aproximouse ás dúas horas e media de percorrido polas salas do museo, onde non deixaron de escoitar as explicacións do guía, visionar os vídeos do museo, ver a exposición de murais de azulexos sobre os xogos tradicionais e os correspondentes xogos prácticos programados, o tempo faltoulles. O seu goce foi máximo e o seu interese era de novo regresar ás nosas instalacións para seguir ampliando coñecementos sobre o noso patrimonio lúdico e inmaterial de Galicia. Aínda que nalgúns xogos houbo un pequeno “pique” para bater algunha marca, finalmente decepcionados non o obtiveron. Un grupo moi disciplinado e participativo. Os campistas Mateo Bealo, María Rega, Breogan Juncal e Pablo Franch, achegáronse á marca de 50 pisos record da proba, cunha torre de 47 pisos., que non está nada mal. Parabén, só hai que adestrar un oco máis e conséguese!
Ademais da visita guiada, as visitas de familias foi, como en xornadas da fin de semana anterior, espléndida. Agradecemos a todas aquelas persoas que nos seguen visitando, esperando que o día entre nós, divertíronse, gozado e entretidos no museo pontecesano. Feliz verán!
Leave A Comment