O vindeiro domingo día 28 do presente mes de abril-24, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), foron convidados por primeira vez, nas súas XXIX edicións da Carreira Alternativa coruñesa, organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) que se desenvolverá desde a 11:00 ás 14:00 h. da mañá, como unha gran festa do Xogo e o Deporte alternativo na Praza de María Pita.
Co lema “Más igualdade e inclusión. Móvete connosco”, as diversas actividades propostas pola organización serán como acto central percorrer ao redor duns 7 quilómetros aproximadamente: andando, correndo, en patinete, en bicicleta, en cadeira de rodas… e como actividades deportivas complementarias o boxeo, o tenis, o atletismo, e os xogos tradicionais. A inscrición non será obrigatoria pero sí gratuita.
A proposta que levará a cabo por parte da nosa Fundación e o MELGA, será como inicio da primeira actuación das moitas a organizar este ano 2024, con motivo do X Aniversario (2013- 2023) de ambas as institucións, xa que ano pasado non se puido festexar devandito día de celebración (27 de setiembre) por problemas estruturais. Nesta ocasión o foco principal da nosa actuación versará sobre “Os xogos de taboleiro ou de mesa na antigüidade”, onde non faltarán os xogos mesopotámicos, exipcios, hindús, chineses, africanos, gregos, romanos, aztecas, medievais, etc. que agardamos sexan do agrado de todos os asistentes nesta cita anual do “Deporte para Todos”.
Convidámosvos a pasar un gran día en familia “Seguimos Xogando”, aínda que o bo tempo metereolóxico seguramente non nos acompañe, pois parece que a choiva fará acto de presenza, pero comunicámosvos a todos os posibles asistentes ao Festival que non se suspenderá o acto, xa que a Praza de María Pita ten uns soportais incribles para desenvolver a devandita sesión lúdico-festiva en condicións óptimas para a súa desenvolvimiento, aínda que esteamos algo “comprimidos” pola estreiteza dos mesmos. Esperamos a vosa asistencia!
Leave A Comment