NOVO HORARIO PRIMAVERAL NO MUSEO DO XOGO E DO DEPORTE (MELGA)

Despois de finalizada a importante asistencia de visitantes, nas datas vacacionais de Semana Santa ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no concello de Ponteceso e a pedimento de numerosos chamadas e consultas recibidas para visitarnos, a dirección do centro museístico, considerou oportuno abrir as súas portas para todas aquelas persoas que o desexen, de maneira libre ou persoais, durante esta estación de primavera, as fins de semana en horario de sábados (en dobre xornada) de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 19:00 h. e os domingos (en sesión matinal) de 11:00 a 14:00 h.

O inicio das visitas libres será a partir deste fin de semana día 6 e 7 do presente mes de abril-24, mentres tanto permanecerá pechado temporalmente (ata novo aviso), de luns a venres respectivamente.

Para calquera consulta e información dirixirse aos teléfonos de contacto 981.71.54.42 ou 661.29.02.46 e aos e-mail: info@museomelga.com  ó ricardoperezyverdes@gmail.com

En canto ás visitas guiadas, poderán realizar as reservas calquera grupo, de luns a domingos ambos  incluídos, a condición de que cumpran as condicións establecidas para iso, cunha cita previa de reserva con 15 días de antelación e os compoñentes sexan sempre superior ás 15 persoas. O museo soamente estará pechado, por descanso do persoal, os domingos pola tarde.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.