O campamento da Fundación Eduardo Pondal regresa ao MELGA despois de dous anos sen vistarnos

Como viña ocorrendo nos últimos anos, a excepción ao correspondente ao ano 2023, o Campus da Fundación Eduardo Pondal, dentro do seu programa de “Un país de pintores e poetas”, visita de novo na súa cita estival, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no concello de Ponteceso.

Onte venres día 09 de agosto, sobre as 17,30 h. da tarde realizaron, da man do noso director, unha visita guiada ás salas expositivas do museo. O grupo compoñíano 15 campistas, procedentes das catro provincias da nosa Comunidade Autónoma, en idades comprendidas entre os 9 e 14 anos. A maioría dos asistentes, que foran seleccionados pola Xunta de Galicia, predominaron nesta sesión o xénero feminino, xa que soamente foron 2 os representantes do xénero masculino. Todos eles viñan acompañados pola monitora Alejandra Ferreiro e polo director de campamento o antropólogo Rafael Quintiá.

A sesión tivo aproximadamente unha duración de dúas horas e media. Ao contar cun grupo reducido, todos os asistentes participaron con moito entusiasmo e interese, tanto na parte teórica e por descontado na parte práctica, repetindo nalgunha ocasión o mesmo xogo varias veces. Un grupo moi participativo e entusiasta, onde a competitividade saía á flote en cada momento. Neste caso a insistencia tivo premio, é dicir, despois de varios anos sen moverse a marca dos “castelos de pinzas da roupa”, establecida polo CEIP. Milladoiro de Malpica (2019), o grupo asistente en colectividade e dirixidos polo seu profesor Rafa, lograron bater a marca que estaba establecida en 39 pisos estables, pasando a mesma a 46 pisos estables, xa que no 47 o edificio veu abaixo.

Como é de supoñer a gran alegría e felicidade foi inmensa por parte do éxito logrado.

Parabéns por esta marca tan espectacular!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.