O CAMPUS CEM DE OLEIROS INICIA A SÚA CONCENTRACIÓN ESTIVAL CUNHA VISITA AO NOSO MUSEO

Ao noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) onte luns día 10 de xullo-23, recibimos a unha trintena de mozos e mozas  alberguistas, en idades comprendidas entre os 11 aos 13 anos, do “Campus Sociedade Cooperativa Galega de Educación Ambiental (CEM)” do concello de Oleiros (A Coruña). 

Despois da súa temperá saída en autobús do municipio oleirense, a primeira parada oficial no seu desprazamento a Ponteceso, foi a visita guiada ao noso museo, para despois instalarse, durante as dúas próximas semanas, no Albergue Alalá Terra e Sons SL. de Cabana de Bergantiños, dirixido pola nosa admirable e gran valedora Mariluz Imia do MELGA

Hai que comentar que este campus era nesta ocasión, a súa segunda participación en visitarnos, xa que a primeira vez fora facía cinco anos, o día 4 de xullo de 2019. Todos os excursionistas viñan acompañados polos seus tres monitores ambientais Tero Díez, Pedro Hermida, Marta Sánchez y Fran Brea coordinador y director de la actividad susodicha .  Por tanto para este grupo era a súa primeira presenza no centro museístico. 

Durante máis de tres horas, os visitantes percorreron as instalacións do MELGA, non deixando de observar e escoitar da man do guía as explicacións da maioría das pezas expostas nas vitrinas das dúas salas. Tamén presenciaron a exposición dos murais de azulexos sobre xogos tradicionais, expostos no exterior ao aire libre, do campo de xogo do Centro Cultural do municipio. 

Con gran entusiasmo, non faltaron os retos e desafíos nas prácticas dos xogos alí desenvoltos no interior do museo. Sen dúbida e sobre todo nestas idades, non houbo a necesidade de provocar a “pícalos “, porque xurdiron espontaneamente, sen dicirlles nada de nada. Unha xornada sinceramente extraordinaria. El premio de la visita guiada se la llevó la jovencita de 11 años Lucia Cid, que estuvo muy atenta a todas las preguntas efectuadas durante el recorrido. Se les obsequió con diferentes objetos de juegos tradicionales.

Como curiosidade da sesión lúdica, un matrimonio cos seus tres fillos pequenos (6. 7 e 8 anos) uníronse ao grupo, para realizar a visita guiada conxuntamente. Segundo os seus propios comentarios, eran moi ditosos e atopábanse felices por pasar unha xornada lúdica tan extraordinaria e poder lograr finalmente, pois “tiñan unha espiña cravada”, non tendo podido realizar unha visita guiada co noso director xa que por diferentes motivos, sempre nos visitaban de forma particular ou libre. Puntualizaron finalmente “que había moita diferenza entre ver o museo por conta propia, que cunha visita guiada, como lle comentaban varias persoas e así o comprobaron persoalmente”. Por suposto, é unha gran satisfacción que os nosos visitantes pensen desta maneira. A nosa pretensión será seguir mellorando, para ser día a día, un pouquiño mellores.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.