Un grupo de raparigos e raparigas, entre os 11 e os 16 anos de idade, recalaron este sábado pola mañá, día 03 do recentemente estreado mes de agosto, no concello de Ponteceso, para levar a cabo unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). En total eran corenta campistas e sete monitores, seleccionados pola Xunta de Galicia e procedentes das catro provincias da Comunidade Autónoma. Os representantes eran, en primeiro lugar a maioría da provincia da Coruña (23), seguíalle a de Pontevedra (9), Lugo (7) e en último lugar Ourense (1). Moi importante, existía paridade entre o grupo, é dicir, 20 nenos e 20 nenas.
Todos eles atopábanse residenciados, durante 15 días dunhas vacacións estival, cuxo motivo primordial era percorrer e coñecer con diversas actividades, os lugares máis típicos da Costa da Morte, no Albergue Alalá Terra e Sons SL. situado na próxima vila de Cabana de Bergantiños, que dirixe a nosa embaixadora Mariluz Imia e que ano tras anos e varias veces durante a tempada, fai que todos os grupos que se aloxan nas súas instalacións, visítennos.
Durante as tres horas de percorrido polas dúas salas expositivas do museo, tanto campistas como monitores, gozaron enormemente de todos os coñecementos transmitidos teoricamente polo seu guía, pero tamén como sempre, o seu parte práxica é a preferida por case todos eles polo seu nivel recreativo-competitivo. Aínda que Tentaron bater algunha das marcas dalgúns xogos, non o lograron pero…achegáronse.
Un grupo moi interesado na temática exposta, moi ordenados e disciplinados, lograron que a xornada saíse como dispuxeramos. Aínda que o ano pasado lograron dous nenos senllos agasallos da dirección do museo pola súa atención e resolución de problemas, en cambio nesta sesión lúdica non houbo vencedores nin vencidos.
Como curiosidade da sesión matinal comentamos, que durante a visita guiada do grupo, tamén tivemos varias familias ao completo con visitas libres (varios nenos uníronse á visita guiada) de diferentes lugares de Galicia (Ferrol, Santiago, A Coruña), América (Uruguai e Brasil) e outras comunidades españolas (Asturias-Avilés e León).
Seguimos moi satisfeitos pola gran participación de visitantes que temos durante todas as fins de semana e os días festivos desde o mes de maio. Por descontado, seguimos preocupados e con pesar, por non dispoñer dun mínimo de horario entre semana (de luns a venres), pois as chamadas telefónicas son constantes para poder visitarnos, pero con dor de corazón, temos que desculparnos por non poder atenderlles debidamente, como sería o noso desexo.
Leave A Comment