Hoxe domingo día 30 de setiembre, e como clausura do a Semana do V Aniversario da Fundación e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), ás 12,00 h. en punto deu comezo na primeira sala do MELGA, a presentación do libro-disco “Cantamos” do artista madrileño-compostelán Luís Vallecillo González, que ademais puxo en vivo e en directo as súas últimas creacións, cun grupo numeroso de espectadores de pais, avós e nenos, que facían os coros ao cantautor e tarareaban as súas cancións máis coñecidas.
Por suposto, a canción máis entonada foi a de “Xogos Populares” que como se sabe, foi dedicada ao noso museo para que sirva de “himno” en todas as actividades que realicemos.
A continuación na sala de conferencias, presentóuselles a todos, en primicia dous audiovisuais, un correspondía ao vídeo-cómic do MELGA e o outro vídeo clip o gravado no Museo, hai escasas semanas, cos nenos e nenas do CEIP. Eduardo Pondal de Ponteceso, que na súa maioría atopábanse entre o público presente, acompañados das súas familias.
Finalizado o acto final, o presidente-director da Fundación e do MELGA, fixo entrega a Luís Vallecillo unha placa conmemorativa do V Aniversario en agradecemento á súa disposta colaboración , así como o pin do museo, igualmente a Celia Figueiras creadora dos textos do libro e acompañante en escena de Luís, que corresponde a aquelas persoas que pertencen ao cadro de honra do mesmo. Á súa vez, Luís Vallecillo e Celia Figueiras entregaron a Ricardo Pérez e Verdes, que aparece o seu nome no texto, no apartado de agradecementos, ademais con dedicatoria incluída, e que se expresan deste xeito: LUÍS, “
Con Cariño e xa Está!! Querido, Admirado Ricardooooo. Millón de Grazas!!!!”.
CELTIA,
“Non teño palabras para agradecer a gran acollida e amabilidade con que sempre nos agasallaches, Ricardo, contaxiándonos con esa paixón e entusiasmo que che caracteriza. Grazas!”
Leave A Comment