Onte pola mañá, en sesión matutina, recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), máis dunha trintena de nenos e nenas de 3º a 6º de primaria (8 a11 anos de idade) e aos seus profesores do CEIP: As Forcadas de Corme, do concello de Ponteceso. O grupo viña encabezado polo seu director e organizador da xornada Manuel Caridade, dos titores Ricardo ;Moscoso, Carla do Río e da coidadora Raquel Domínguez. O centro docente non visitara o noso museo desde o comezo da pandemia, é dicir do 2020, máis de tres anos sen recibilos e iso que son da nosa área de influencia.
Máis de tres horas e media de percorrido polas salas do museo, pois tanto profesores como alumnos, desenvolveron en profundidade, teórica como practicamente todas as actividades programadas polo guía da instalación. Aínda que se aplicaron ao máximo no desenvolvemento dalgunha marca destacable nos xogos aplicados na sesión, non lograron o éxito, aínda que lle puxeron todo o empeño. Estamos moi satisfeitos do grupo, sabendo que era un grupo moi dispar, a xornada foi francamente ordenada e aplicada.
Como portavoz do grupo, o seu director, agradeceu persoalmente a Ricardo Pérez a visita e en nome de todos os presentes, dedicou unhas palabras que reflectiu no libro de visitas do MELGA. Así reza a dedicatoria:
“Patrimonio do noso concello inigualable, oxalá podamos gozar do MELGA, dez, vinte…ou cen anos máis. Grazas Ricardo por este tesouro. CEIP. As Forcadas (19-04-23)”.
Leave A Comment