Ao redor de cento cincuenta persoas presenciaron onte no Edificio CERSIA Empresa, en Santiago de Compostela, a gala da segunda edición dos premios do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte (COLEF) de Galicia, no seu 40 aniversario, na que resultaron galardoados profesionais nas súas diferentes ramas convocadas.
O acto iniciouse ás 19,30 h. tomando a palabra, para dar a benvida ao numeroso público asistente, o presidente do COLEF-Galicia Henrique Xoán Rodriguez Pampín, seguidamente tomou a quenda de palabra Antonio Macho Senra presidente da Unión Profesional de Galicia e finalmente pechou a introdución ao acto o presidente do Consello Xeral do COLEF de España Vicente Gambau i Pinasa.
Primeiro iniciouse coa entrega de distincións e galardóns aos Colexiados de Honra (profesores xubilados) e aos profesionais que celebraban o seu 25 aniversario de colexiación. Seguidamente procedeuse cos recoñecementos ao apartado como Proxectos Solidarios, que os mesmos, que levaron os cordóns as temáticas seguintes: “Bicicleta viaxeira”; “Camiña, escala, oriéntache”; “Correndo pola esclerose múltiple”; “Día Deporte Solidario Santiago”; “Programa Esforza”; “Mixed Ability: inclusión social deporte” e “Xogamos todos, gañamos todos”.
Finalmente fixéronse entrega os Premios COLEF-GALICIA 2023, que tras varios meses de votación por parte de todos os colexiados, ademais do propio xurado establecido para o caso, chegaron á resolución final dos seguintes recoñecementos aos profesionais e nas seccións correspondentes. Antes de chegar ás votacións, devanditos candidatos tiveron que ser avalados e nomeados polos colexiados ou por algún sector implicado. En todas as seccións aos devanditos premios, xurdiron varios candidatos, que unha vez concluídos os escrutinios deron a puntuación final.
Os Premios COLEF-GALICIA 2023 recaeron nos seguintes profesionais. Na Sección Social o premio foi concedido a Carla Dá Silva; o de Xestión Deportiva foi para Javier Rico; o de Rendemento Deportivo para Adrián Haro; para Roberto Barcala o de Docencia e o de Saúde para Nuria Freire. Realizados ditas distincións, como broche final, Henrique Xoán Rodriguez Pampín, presidente do colexio galego, fixo entrega do PREMIO ESPECIAL do COLEF-Galicia 2023, a Ricardo Pérez e Verdes, presidente e director, respectivamente, da Fundación que leva o seu nome e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) polo seu traballo, profesionalidade e entrega en prol da Educación Física, os Xogos Tradicionais e o Deporte.
Os trofeos recibidos por todos os galardoados neste magno acontecemento e realizados para esta ocasión, foi unha preciosa barca de porcelana feita a man, pola fábrica Barreiros Artesanía da Ribeira Sacra (Ourense-Galicia-España) e que está catalogada co nº 552, de Artesanía de Galicia. Así mesmo foron obsequiados tamén cun pin conmemorativo do corenta aniversario do COLEF-GALICIA 2023
Leave A Comment