O centro escolar privado do British School da Coruña, pecha hoxe martes día 20 de decembro, as numerosas visitas guiadas celebradas este espléndido ano 2022. O balance do mesmo será realizado posteriormente a principios do ano 2023. A visita corresponde á oitava ocasión que recibimos a este centro docente, a través dos nove anos da nosa asistencia, pódese dicir, que é un “fixo” de cada tempada en chegar á vila de Ponteceso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
O grupo compoñíano alumnos e alumnas de 2º de primaria (4 anos) e viñan acompañados polos súas profesoras titoras Amina Collins, Sherey Lamei, Gyorggi Hatvani y María Herrera que representaba el grupo. En total medio centenar (50), entre docentes e discentes.
A sesión teórica-práxica tivo unha duración de case dos horas que, parece ser, pasárono moi ben, aprenderon moitas cousas sobre o mundo dos xogos e xogaron amplamente de todos os xogos planificados na sesión. Ao ser un centro bilingüe nalgún momento da visita falouse no idioma inglés.
Finalizou a visita guiada ao museo e como clausura do mesmo, Ricardo Pérez e Verdes, acompañou a toda a expedición ao exterior do Centro Cultural e brindoulles a ocasión de coñecer “in situ” a magnífica colección que posuímos no campo de xogo, de once murais de azulexos sobre os “Xogos e Deportes Tradicionais”, obras seleccionadas e finalistas dos diferentes centros escolares da Costa da Morte, patrocinadas pola Fundación Subministracións LAR de Ceé e cedidas polo gran empresario, filántropo e mecenas Gonzalo Rodríguez.
Leave A Comment