En menos de quince días, o CPI. As Revoltas de Cabana de Bergantiños, visitou o MELGA en dúas ocasións. A primeira foron os alumnos de secundaria da ESO e hoxe xoves visitáronnos, alumnos de entre os 8 e 11 anos, dos ciclos de 3º-4º-5º e 6º de ensino infantil de primaria. Cun total de 80 alumnos/as coordinados polo titor Xosé Ramón Lema e as profesoras Chus Couto, Maria Fernandez, Loly Moreno, Noelia Bertoa y Rocio Rodriguez, gozaron de catro horas teórico-práctica, nunha xornada matinal desde as 9,30 h. ata as 13,30 h. aproximadamente. Debido á inclemencias do tempo e o grupo que era moi numeroso, os escolares foron divididos en dous subgrupos, un deles cos compoñentes de 3º e 4º e o segundo cos de 5º e 6º.
Ao chover intempestivamente durante toda a mañá, o primeiro subgrupo (3º e 4º) que debían de iniciar os xogos e deportes tradicionais programados no exterior do campo de xogo, foron seleccionados, modificados e trasladados á Biblioteca do Centro Cultural do concello de Ponteceso, como feito excepcional, desenvolvendo alí xogos dinámicos individuais ou colectivos de loita, precisión e locomoción, entre eles: as varas, carreira de tartarugas, recollida de mazarocas, a pesca, ou sapo ou burro e tirafungueiro. Esta sesión foi dirixida e orientada para ambos os grupos polo monitor Borja Pérez que levou a práctica no devandito lugar permanente.
Mentres o director do museo mantivo as explicacións e prácticas dos xogos e deportes tradicionais galegos e do mundo como o loio-loio, o pau, o tiro á lata, o billar xaponés, o palet holandés, a estrela, o zurriagazo, o fiolet italiano, o hockey xeo de mesa sueco, etc. no interior do MELGA, co subgrupo segundo (5º e 6º) continuando a visita guiada ás dúas salas expositivas. A continuación os subgrupos rotaron de lugares e xogos.
Os sete profesores/as tamén participaron dos retos e desafíos que os alumnos/as propoñíanlles. Incansables, despois de catro horas, todos os visitantes desexaban continuar na visita ata a tarde, aínda privándose de xantar, pero….o primeiro é o primeiro, pero para nós, era para sentirse francamente halagados e gratificados, do “flipados” que o estaban pasando.
Podemos considerar que nestes momentos o CPI. As Revoltas de Cabana de Bergantiños é o colexio número UN de todos os centros de Galicia que nos visitaron, logrando exceder nestes tres últimos anos, a cantidade de douscentos cincuenta (250) alumnos/as e iguala a asistencia co colexio privado Liceo A Paz da Coruña, con catro (4) sesións lúdicas. Felicitacións!
Leave A Comment