O Festipopeóns consolídase en Ponteceso

Outro ano máis, son xa oito edicións consecutivas, da festa outonal do FESTIPOPEÓNS que a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), organiza o día 11 de novembro, en honra de San Martiño, patrón dos peonceros, aínda que este ano tívose que aprazar para onte sábado día 30, por motivos estruturais da organización do concurso-torneo.

Ás 11,00 h. da mañá deu comezo a xornada na biblioteca do Centro Cultural do concello de Ponteceso, cumprindo a machada o horario establecido no programa, primeiramente coa inauguración das dúas exposicións por parte do presidente da fundación e director do museo os “Novos gravados sobre o mundo das peonzas” e “As peonzas en América”; a continuación os “II Recordos Lúdicos”, os “Talleres de recortables, quebracabezas, tuneados de peonzas,… e sobre as 11,30 h. os “Concursos de resistencia, precisión, trucos e habilidades”

Finalizados os catro torneos de peonzas, xa que as demais actividades continuaron realizándose, os participantes e espectadores, hai que dicilo escasos (pois quizais fóra que este día coincidía co “Black Friday” e seguramente preferiron realizar as compras do Nadal), trasladáronse á sala de conferencias para levar a cabo a lectura de textos, por parte dos asistentes, de relatos, poesías, contos, etc. sobre as peonzas, buxainas, perinolas e perindolas na literatura universal.

Sobre as 13,30 h. efectuouse a lectura do Manifesto do Día do Peón 2019, que este ano correspondeu á editora e escritora Cecilia Monllor co título de “Os meus encontros infantís coa sevillana”. Con gran pesar, a nosa pregoneira desculpándose previamente á organización, comunicounos que sentíndoo moito, non podía asistir ao acto por problemas de saúde. O texto por tanto tivo que ser lido polo noso director Ricardo Pérez e Verdes.

 

O Festipopeóns consolídase en Ponteceso

 

A continuación, proclamáronse os resultados e vencedores dos diferentes concursos que foron os seguintes: en Habilidade o gañador foi para Aarón García (11 anos) con 5 puntos e un tempo de 59,90 segundos; en Resistencia foi para José María Carrillo (71 anos) con 25,42 segundos; en Precisión foi para Jesús Andrade (74 anos) con 25 puntos e o de Trucos foi para Aarón García (11 anos) con 6 destrezas. As clasificacións finais foron: campión absoluto masculino Jesús Andrade, subcampión José María Carrillo e terceiro clasificado Álvaro Pérez. En categoría infantil foi o campión absoluto Aarón García, o subcampión Diego Andrade (5 anos) e terceiro clasificado Mateo Carrillo (9 anos). Os premiados nos talleres foron: Candela e Eduardo Quintero e Siro Lumbreras. O premio feminino, ao non contar con ningunha participante, quedou deserto.

Por primeira vez os premios foron en metálico para os concursantes adultos e unha bolsa de agasallos para todos os nenos e nenas que participaron. Ían de 60,00 € para os campións, 30,00 € para o subcampión, 20,00 € para o terceiro clasificado e 10,00 € para cada un dos gañadores dos concurso individuais. En total repartíronse 300,00 € en premios para os vencedores.

Os galardóns foron entregados pola concelleira delegada de Educación, Formación, Biblioteca e Patrimonio Maite Chouciño que estivo presente en toda a xornada e participando “fóra de concurso” con varios lanzamentos de peonzas, lembrando a súa infancia.

Finalmente, sobre as 14,00 h. foi clausurada a oitava edición, e antes de emprazar a todos de novo para o ano entrante de 2020, o presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, fixo entrega a todos os asistentes á xornada dun pin conmemorativo de “ Buxainziño”, como saben Vds., é a nosa mascota do FESTIPOPEÓNS de Ponteceso.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.