Unha trintena de nenos e nenas pertencentes ao grupo “Concilia no Verán” do concello de Ponteceso, en idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, visitaron esta mañá de venres 13, as instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) para realizar unha visita guiada ao mesmo. Todos os “ cursillistas” estiveron coa súa monitoras Alba Santiago, María Vitureira e Claudia Periscal que era a representante do grupo.
Temos que constar que os compoñentes do mesmo estiveron acompañados, durante toda a visita, pola recentemente estreada conselleira delegada de Servizos Sociais, Igualdade, Atención ao Cidadán e Transparencia dona Noelia Varela que estivo vixiante en todo momento das actividades alí desenvoltas.
A visita foi moi curta xa que despois da visita, soamente púidose realizar o percorrido pola primeira sala, xa que a continuación o grupo desprazouse á biblioteca do Centro Cultural para presenciar unha sesión de maxia que había sido planificada.
Tanto a conselleira do concello, como os visitantes achegados ao museo, era a súa primeira visita, aínda que alguns dos nenos e nenas xa viñeran ao MELGA pero cos seus respectivos colexios, hai algún tempo. Hai que dicir que este grupo de Ponteceso é o primeiro deste ano 2019 que nos visita. Esperamos que esta nova etapa do equipo de goberno que nos apoien ao máximo, como o están facendo, pois creo que vale a pena o divulgar, coñecer e participar dun activo tan importante como é esta institución pontecesá.
Leave A Comment