Despois dun mes de haberse inaugurado (14 de decembro-23), unha exposición única de beléns do mundo, que integran o Taller-Museo Santxotena (Alava), cuxo título foi “De Belén ao Finisterrae”, no Pazo da Cultura do municipio de Carballo (A Coruña), pois dita exposición chega por primeira vez a Galicia grazas á colaboración entre a área de Turismo do Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, permitiunos facer un percorrido ao longo dos roteiros xacobeos que conducen ao finisterrae galego, sen dúbida, froito do traballo de procura de máis de vinte anos de Teresa Lafragua e Xabier Santxotena para dar a coñecer a historia, a cultura e a etnografía dos pobos dos cinco continentes.
Teresa Lafragua é unha pintora máis representativas das Vascongadas, directora do Museo Santxotena, coleccionista con máis de 2.000 beléns do mundo e coleccionista de bonecas, mais de 1.000 dos séculos XIX ao XXI. Xabier Santxotena é escultor, restaurador, poeta e investigador. Fundador dos Museos Gorriemea, Parque Museo Santxotena e Taller- Museo Santxotena e como a súa esposa coleccionista empedernido. Foi alumno-discípulo de Jorge Oteiza. Un recoñecido escultor de madeira de Esgotes (oriúndos de Baztän (Navarra).
Finalizada esta fin de semana a mesma (20 de enro-24) e desprazándose expresamente desde Álava para recoller as máis de 2.500 pezas artesás presentadas, o seu desexo era non partir da nosa comarca bergantiñá e non poder coñecer persoalmente o Museo Etnolúdigo de Galicia, coñecido como MELGA na próxima vila de Ponteceso. Despois de varios intentos para localizar a Ricardo Pérez e Verdes e debido na insistencia por parte destes ilustres personaxes, solicitaron, aínda que fose unha curta visita guiada co noso director. Por descontado a decisión foi inmediata.
A visita foi moi intensa e sen dúbida, moi curta, pero suficiente para a toma de contacto e para apreciar o noso pequeno museo. Tanto Teresa como Xabier atopábanse na súa “salsa”, obtendo moitas imaxes das nosas vitrinas, aínda que eles especificamente eran coleccionistas de dúas temáticas (beléns e bonecas), pois segundo os seus comentarios, “encantáralles e iso que non eran duchos en alagar aquilo que non lles parecese importante e espectacular… e queda pendente outra visita guiada, pero máis ampla que a realizada”.
Sen dúbida, ditas palabras plasmadas no “Libro de Ouro” do museo, procedendo de colegas do campo da museística, para nós, foi un orgullo o presentarllo, coa modestia e humildade que nos caracteriza.
Leave A Comment