Informamos que o vindeiro xoves día 25 de xullo, Día de Galicia e ao mesmo tempo a festividade do Apóstolo Santiago, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) abrirá as súas portas para todos aqueles interesados que desexen realizar unha visita libre ao mesmo.
En vista da boa acollida que segue mantendo o museo durante as fins de semana, xa que aínda non contamos con servizo durante a semana, a dirección do museo decidiu abrir o MELGA co horario de apertura e peche seguinte: de 11:00 a 14:00 h. pola mañá e de 17:00 a 19:00 h. pola tarde. Como de costume, no caso de que se formase un grupo como mínimo de 15 persoas e solicitouse a cita previa, a visita sería guiada na franxa horaria de 12:00 a 14:00 h. da xornada matinal.
Para maior información contactar ou ben a través do www.museomelga.com ou ricardoperezyverdes@gmail.com ou aos teléfonos 981.71.54.42 ou 661.29.02.46., onde se lles atenderá oportunamente.
Leave A Comment