O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, a través de todos os membros do Padroado da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, agradece a todas aquelas persoas que nos transmitiron xenerosamente, tanto de forma telefónica como a través das redes sociais, as súas felicitacións por cumprir, no día de onte 27 de setiembre, o noveno aniversario da posta en marcha do noso museo.
Tamén quere facer extensible estas felicitacións a todos os medios de comunicación os cales contribúen á divulgación do labor que o Museo veu realizando durante estes nove anos. Desde o Melga queremos destacar unha vez máis todas as informacións e reportaxes dedicadas á nosa entidade, moi especial á prensa escrita (La Voz de Galicia, Correo Gallego, Ideal Gallego, ao Diario Bergantiños) e ás súas plataformas on-line. Con motivo da celebración deste aniversario o noso director foi entrevistado por varias radios coruñesas como RadioVoz con Fran Rodríguez, Radio Galega con Agüeda Penedo e finalmente con Radio Coruña con Josiño, nos seus diferentes programas matinais de ampla difusión social.
A todos eles, e ao resto de amigos do museo que nos dedicaron os seus sinceros parabéns, querémoslles reiterar o noso máximo agradecemento polo seguimento constante que mantiveron durante estes anos cara á nosa institución, polo seu agarimo, interese e estima que nos demostraron sempre e sobre todo neste día tan especial do noso feliz noveno aniversario.
Grazas inmensas a todos¡
Leave A Comment