Este luns día 9 de outubro do presente ano-23, a dirección da cadea líder indiscutible da televisión española, Torrevieja News Today TV, solicitou en días pasados a Ricardo Pérez e Verdes director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no municipio coruñés de Ponteceso, a súa colaboración para presentar, nun novo programa en diferido denominado “Lixo ou Tesouro” para a televisión de Galicia, un número de pezas que se atopan nas vitrinas do museo.
O programa concurso “Lixo ou Tesouro” está preparado pola Rexión da Televisión, que consiste en que dous concursantes, deberán acertar o valor de 12 pezas expostas no estudio, valoradas entre 1,00 € e os 5.000,00 €. As pezas son moi variadas, orixinais e moi diferentes, que proceden de anticuarios, museos, coleccionistas, galeristas, particulares etc.
O programa está conducido pola presentadora María Mera e como asesor técnico actúa Camilo Chas un recoñecido galerista coruñés.
As obxectos seleccionados pola dirección do programa do MELGA foron os seguintes: unha bicicleta Orbea do ano 1938; unha miniatura do primeiro automóbil de vapor de Cugnot de 1771; unha micro-escultura sobre misto de Claudio Peruzzetto; unha perinola en madeira deseñada por Pablo Picasso; un caballito balancín de madeira de 1798; unha matrácula de cana de principios de século XIX e un falsete de barro do pobo oleiro de Buño. En total foron sete (7) pezas dun valor considerable.
O noso director estivo presente na gravación realizada, participando presencialmente e realizando unha breve explicación histórica sobre a micro-escultura, que representa un seteiro deportivo, do artesán asturiano, de ascendencia italiana Claudio Peruzzetto.
En canto saibamos o día da emisión, informarémolo a través das nosas redes sociais así como a nosa páxina web.
Leave A Comment