Mañá 27 de setiembre de 2022, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), inaugurado no ano 2013, e situado nas instalacións da planta baixa do Centro Cultural do concello de Ponteceso. cumpre o seu NOVENO ANIVERSARIO, como un dos grandes promotores do Patrimonio Cultural, Lúdico, Turístico e Inmaterial de Galicia.
Aquilo que parecía ser un reto inalcanzable para moitos, converteuse nunha realidade con outro ano mais de existencia e logrando éxitos día a día, que nos seguen poñendo como un centro referente entre todos os museos existentes da “Historia e evolución cronolóxica dos xogos e deportes tradicionais e modernos a través dos tempos”, aínda considerándoo como un pequeno e modesto recinto museístico.
Todo o éxito alcanzado foi grazas á colaboración imprescindible da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, ao Concello de Ponteceso, á prensa escrita e oral, á hostalería de toda a zona e sobre todo aos centros escolares galegos, asociacións, federacións, outros museos, persoas particulares, etc… que non deixaron de visitarnos e divulgar masivamente, desde o primeiro día do noso nacemento, sendo os auténticos embaixadores do museo por todos os recunchos do mundo.
O balance global realizarémolo finalizado o 2022 e comprobaremos que este ano que está a piques de rematar, despois de dous anos de parénteses pola pandemia, podemos considerar que nestes momentos xa estamos a superar con fartura o teito do noso maior éxito alcanzado ata a data, que foi o 2019, pois faltando aínda un trimestre desta tempada, podemos considerar que posiblemente teñamos un ano record, debido ás moitas persoas que actualmente nos seguen visitando día a día, e así queremos reflectilo, pois estes meses de setiembre e outubro case inhábiles (épocas de escasa e baixa asistencia de visitas guiadas polos centros escolares, abrigo), ao día de hoxe contamos con varios centros docentes, agrupacións sociais e concellos, que xa solicitaron os seus reservas para estas próximas semanas.
En honra a todas aquelas persoas, que nos coñecen ou non e que desexen visitarnos neste día, o Padroado da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e a dirección do MELGA, tivo a ben ter “Puertas Abertas” e convidar a todos os interesados que desexen compartir connosco o NOVENO ANIVERSARIO, con unha sesión lúdica nas nosas instalacións museísticas, de forma gratuíta.
FELICIDADES Á FUNDACIÓN RICARDO PÉREZ E VERDES E AO MUSEO ETNOLÚDICO DE GALICIA (MELGA) POR REGALARNOS UN ANO MÁIS DA SÚA EXISTENCIA!
Leave A Comment