No día de onte sábado 20 do presente mes de marzo, ás 12 h. do mediodía, no teatro municipal de Ceé, sito na Casa da Cultura, o noso director do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) Ricardo Pérez e Verdes, foi convidado polo concello cense, así como polo grupo de teatro profesional local Talía Teatro, a dar unha conferencia sobre os xogos e deportes tradicionais, na semana Mundial do Teatro, que cada ano realízase na devandita localidade, con diferentes actividades programadas.
A presentación do relatorio correu a cargo do actor e director da compañía Artur Trillo, organizador da festa anual. O público asistente ao acto, escoitou con atención a disertación do conferenciante, co título “O mundo dos xogos e os xogos do mundo”. A mesma estivo enmarcada en tres apartados. O primeiro deles versou sobre o xogo e as súas aplicacións xerais, as súas teorías educativas, sociolóxicas, fisiolóxicas, antropolóxicas, filosóficas, etc., as súas aplicacións a cada dade, adecuación dos xoguetes,…es dicir, unha contextualización do termo polisémico do xogo. En segundo lugar expuxo unha revisión histórica dos xogos do mundo a través dos tempos e finalmente un epílogo onde se lanzaron as diferentes reflexións posibles sobre a temática tratada e as súas conclusións.
A charla estivo sempre acompañada dunha extensa cantidade de imaxes e ao mesmo tempo, todos os presentes presenciaron unha pequena exposición de xogos antigos, ao redor de medio centenar, pertencentes aos fondos do museo pontecesan e algúns nenos e nenas presentes puideron practicar con algúns deles no propio recinto do auditorio teatral.
Xa pola tarde, ás 18,00 h. presentouse a obra teatral “Voa, voa”, cuxa trama argumental consistía, en que un neno e unha nena situados nun parque de calquera cidade, a través das súas conversacións e ” cuitas”, retábanse a descifrar adiviñas, cancioncillas e a xogar a diferentes xogos tradicionais galegos, moitos deles, esquecidos pola maioría de nós. O autor da obra foi Artur Trillo, os actores Toño Casais e María Ordoñez e a compañía Talía Teatro. A obra infantil, aínda que tamén para adultos e maiores, foi un gran éxito, tanto no texto como nas magníficas actorais dos protagonistas.
XOGOS E TEATRO unha óptima combinación para levar a nosa CULTURA ás máis altas cotas de engrandecimiento patrimonial. Outra nova experiencia que o MELGA puido realizar, aínda que fóra en tempos de pandemia. A fusión será un feito por toda Galicia e como non, sería o noso máximo desexo, que a próxima cita podería ser real na vila de Ponteceso.
Leave A Comment