Trinta campistas do Campamento Urbano de Igualdade do Concello da Laracha (A Coruña) acompañados das súas profesoras/monitoras, Noelia Bello, Cristina Fraga e Patricia Vicente, cuxas idades estaban comprendidas entre os 3 e os 7 anos, visitaron onte as instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso.
A sesión teórico-práctica discorreu nun gran ambiente de colaboración entre todos ,así como un día moi especial de excursión dentro das moitas actividades programadas na colonia lúdico-deportivo. O grupo era a súa primeira visita guiada ao museo e todos quedaron, despois de case dúas horas e media de percorrido, felices da decisión tomada polos seus organizadores do Campus en achegarse ás nosas salas museísticas.
Como dato curioso e sorprendente, todo os compoñentes do grupo foron acompañado na súa visita guiada polas concelleiras de Turismo e Servizos Sociais, dona e dona Raquel Fondo e Noelia Varela respectivamente. Comunicáronnos que lles gustaba tanto que xa estaban a pensar en organizar varias visitas desde os seus departamentos, tanto co persoal da corporación municipal, como de persoas maiores e sobre todo de nenos e nenas.
A impresión que levaron do MELGA, nosas edilas foi sen dúbida, extraordinaria e moi recomendable para todos os galegos e foráneos que visiten a Costa da Morte.
Leave A Comment