En xornada excepcional de domingo vespertino (pois é o día de descanso do museo) de 16,30 h a 19,00 h, o día de onte día 17 de febreiro, efectuaron unha visita guiada ao MELGA de Ponteceso, un grupo moi heteroxéneo de 25 persoas onde se atopaban xerentes de axencias de viaxes, grupos familiares e os fillos e fillas de pouca idade dos presentes (de 3 a 11 anos).
Cada un dos compoñentes viña co seu obxectivo planificado, por unha banda os xerentes visitáronnos para programar a tempada de inverno cos seus clientes, os familiares para pasar unha tarde en familia, os nenos/ as para practicar e coñecer os xogos e deportes tradicionais galegos e outros como eran educadores/ as e profesoras/é de centros escolares querían comprobar “in situ” a posibilidade de traer aos seus alumnos/ as nun futuro inmediato.
Segundo comentarios, todos os visitantes que viñan de “avanzada” dos seus respectivos estamentos, saíron satisfeitos da súa propia experiencia e esperaban felizmente que proximamente comezarían a reservar algunha das datas para concretizar unha visita guiada, desde as súas institucións educativas, familiares e empresariais.
Outra nova captación de “mercados” achegáronse ás nosas instalacións como son as Axencias de viaxes turísticas da provincia da Coruña, xa que é a primeira vez que acceden ao noso museo. Creo que hai que felicitarse por esta novidade pois seguramente, o noso MELGA poida estar nos circuítos turísticos de persoas maiores (IMSERSO) ou interesados da cultura patrimonial da nosa provincia coruñesa.
Leave A Comment