Onte martes 14 de marzo, fixo presenza no MELGA todos os alumnos e profesores do centro docente do CEIP. Santa Eulalia do concello de Dumbría. O grupo escolar estaba integrado por nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. Os alumnos/as, estiveron acompañados en todo momento polos seus once profesores (Alba Carril, Leticia Domínguez, Pedro Romeu, Emilio J. Díaz, María del Carmen Amado, Eva María Bastón, Adriana Carregal, Sonia Pérez, Zoida Piñeiro, María Ángeles Tubío) e como representante do mesmo Emma Rodríguez, xa que o seu director Daniel non puido acompañalos por problemas institucionais.
O motivo da visita foi a celebración da excursión de final de trimestre. O encontro cultural, lúdico-festivo foi digno de mención, pois os dous grupos de 50 compoñentes cada un, desenvolveron no interior e exterior do recinto municipal uns 30 xogos e deportes tradicionais galegos e do mundo. A integración dos seus membros na xornada foi excelente e remarcable, xa que , había algúns nenos/as con problemas de disfuncións destacables. Despois de case catro horas de estancia no museo, tanto profesores/as como alumnos/as transmítennos que foi un gran día e unha cita indispensable para todos os centros docentes e que desexaban prontamente volver repetir de novo a experiencia no MELGA.
Leave A Comment