O Melga retoma as súas actividades co novo horario de inverno

Con máis de quince actividades desenvolvidas na semana do V Aniversario do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) e da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, todo hai que dicilo, cun gran éxito en varias das actividades programadas, conxuntamente co concello de Ponteceso e as súas respectivas concellerías de Servizos Sociais, de Patrimonio, Educación, Biblioteca, Política lingüística e Cultura e Turismo, o museo toma de novo as rendas para enfilar a recta final do ano, propoñendo de novo o Horario de Inverno, para o coñecemento de todas aquelas persoas que desexen visitarnos tanto a nivel particular como para visitas guiadas.

 

O horario e días de apertura do MELGA para este próximo Inverno será o seguinte:

 

  • de luns a venres de 10,00 a 14,00 h. e de 16,30 a 20,00 h. para visitas xerais e visitas guiadas para grupos.
  • Sábados e domingos : Pechados. Para visitas guiadas en grupo de fins de semana, o número mínimo de compoñentes será de 20 persoas e solicitar, obrigatoriamente cita previa, con 15 días de antelación.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.