O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), despois de case dez anos sen realizar un alto no camiño, pechará as súas portas durante un curto período, por descanso merecido do persoal do museo. Por tanto, infórmase a todos os nosos posibles usuarios que a partir de mañá día 11 de setiembre do presente ano 2023, clausuramos temporalmente as nosas instalacións para visitas libres ou particulares e guiadas.
De todos os xeitos, comunicámoslles que se algún grupo está interesado en realizar unha visita guiada, deberano solicitar á nosa secretaría, cunha cita anticipada de 15 días e o número de compoñentes do mesmo será como mínimo de 15 persoas.
Rogamos descúlpennos polas posibles molestias ocasionadas e no momento que volvamos abrir o museo, terémoslles informados puntualmente a través da nosa páxina web, redes sociais e pola prensa oral e escrita. Moitas grazas pola súa comprensión e desexamos que pronto nos podamos ver de novo por Ponteceso para gozar dunha xornada lúdica no noso recinto museístico.
Leave A Comment