O mestre e coleccionista Biel Pubil visita por segunda vez o Melga de Ponteceso e realiza unha importante doazón de xoguetes artesans

Con gran sorpresa, despois de visitarnos por primeira vez no ano 2019, antes da pandemia do COVID-19, onte domingo 15 de agosto, recibimos no noso Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) ao profesor, membro do Consello de Administración da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais e director do museo privado de xoguetes da Terra do Ebro (Tarragona) Biel Pubil e a súa esposa inspectora de educación da Xeneralidade Lourdes Ambrós, ambos os especialista nos xogos e deportes tradicionais, tanto desde o ángulo educativo como do de construtores de xoguetes artesáns, sobre todo co material da cana.

O noso entrañable amigo Biel acaba de publicar o seu último libro, co seu compañeiro Miki Gimenez, titulado “Quina canya¡  Joguinetes”, baseado na confección de xoguetes artesanais naturais dunha maneira sinxela e tendo como elemento fundamental a cana de bambú. A outra sorpresa importante da súa visita ao MELGA foi a doazón que realizou a nosa Fundación e ao museo, prometida facía algúns anos, de preto de medio centenar de xoguetes, todos realizados polas súas man e que como cabería esperar, da materia prima como é a cana. Non faltaron os coches, os arcos e frechas, os muíños, as escopetas, os ioió, as bonecas, os instrumentos musicais, as buxainas, as buxainas, as perinolas, as perindolas, etc., unha colección moi importante e que proximamente serán expostos nunha vitrina da nosa sala expositiva. O seu museo privado, situado no seu propio domicilio en Ascó (Tarragona), está dedicado aos xogos e xoguetes do mundo, que superan amplamente as 1.000 pezas.

Despois de case catro horas de visita, pois nos dous anos(2019) que non habían vindo, o noso museo ampliara os seus fondos con novas pezas, por tanto, ambos os colegas gozaron de todas as novas adquisicións, solicitando información das mesmas.

O mestre e coleccionista Biel Pubil visita por segunda vez o Melga de Ponteceso e realiza unha importante doazón de xoguetes artesans

Despois de rematada a visita guiada, o matrimonio Biel e Lourdes asinaron no Libro de Ouro, deixando unhas entrañables palabras para nós:

Ricardo, un pracer novamente estar no MELGA, e visibilizar o enorme traballo que realizas e, abrigo, a enerxía e a ilusión que invistes no museo. A visita ao MELGA xustifica calquera escapada a Galicia. Contentos de estar aquí e de poder contar coa túa amizade e a de Lola. Un abrazo e moito Xogo

Seguidamente despois do xantar, realizaron co noso director un percorrido turístico, pola contorna de Corme-Ponteceso, non deixando de coñecer o Cabo de Roncudo, as praias de Osmo, Hermida e Niñóns, o Monte do Faro, o Cruceiro da Pedra da Serpe, a Casa de Pondal, o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte e a Fundación Eduardo Pondal. Lugares, todos eles, que na anterior visita, quedáronse sen coñecerse por falta de tempo.

Outro día memorable, primeiramente pola visita dos nosos amigos, en segundo lugar pola gran doazón que se nos fixo e en terceiro lugar pola gran asistencia de visitantes libres que tivemos nesta mañá de domingo, con máis de cincuenta persoas vindos de Badaxoz, Madrid, Sevilla,…e da nosa comunidade autónoma. Outro día ao completo.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.