O profesor e orientador Juan Vicente Abad premio ao Docente mais Innovador de España no Certame D+I (2016) e a súa esposa Fátima Mateos, Xuíza pola Democracia, veciños de Madrid, e acompañados polo noso amigo José María Varela, presidente da Fundación Pondal, que organizara a visita guiada ao MELGA, fíxonos unha visita de “médico” pois o seu interese era grande en coñecelo polas referencias que lle comentaban, pero os compromisos oficiais non podía dispoñer do tempo que o estimaba para coñecer a fondo as salas expositivas do museo. Tamén nos acompañou á visita “ exprés” Pedro de Deus Abad compañeiro de profesión do xerente da fundación pondaliana e a orientadora e profesora do IES Ponteceso Loly Singer.
Juan Vicente está considerado como un dos grandes expertos en resolución de conflitos, convivencia escolar e interculturalidad e é na actualidade uno dos metodólogos educativos de máis prestixio e autor de varios textos sobre a convivencia no ensino.Con gran interese por parte dos ilustres visitantes, a visita guiada non tivo a duración precisa que desexabamos todos, pois a dispoñibilidade era de aproximadamente dunha hora. De todos os xeitos prometeu en que na próxima visita ás nosas terras, que será prontamente, deixará libre un tempo xusto e necesario para dedicarlle ao noso MELGA. As súas palabras finais comentounos “que a visita iniciada onte era comezo doutra posterior, xa que estaba encantado de poder coñecer este templo da historia do xogo e o deporte tradicional e que sen dubidalo Ponteceso tiña un gran activo sobre o patrimonio cultural e lúdico galego e da Humanidade”. Por suposto o agradecemento foi mutuo.
Leave A Comment