O noso Director visita O Recuncho dos Argalladas en Lourenzá (Lugo)

Desde o día da súa inauguración, alá polo mes de outubro do ano 2017, Ricardo Pérez e Verdes director do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), sempre tivera en mente o achegarse ao museo do “Recuncho das Argalladassito na poboación lucense de Lorenzá (Lugo), pero unhas veces por falta de tempo, outras por estar en restauración o pazo, outras polo traballo no noso museo pontecesán, foise pospoñendo (con gran pesar), ata o día de hoxe, que por fin, a invitación realizada polo seu mentor Manuel García, chegou ao seu feliz termo.

 

Da man do seu guía e creador “Manolo”, acompañounos en todo momento, nunha extensa visita guiada ao museo, que está situado nun val espectacular, cuxo edificio é unha ilustre fortaleza do século XII coñecido  como  o Pazo de Tovar, lugar de Canedo da parroquia de Santo Tomei e no municipio de Lourenzá. O museo atópase na planta baixa do pazo (dúas salas), onde se aloxan unhas 150 pezas, que todas elas son obras de autor, distribuídas por todas as salas por temáticas e tipoloxías concretas. Zona de pesca, zona bélica, zona bonecas, zona musical, etc. e todos os espazos enmarcados con paneis explicativos. Os artífices deste magnífico labor son Manuel García e José López, ambos os laurentinos de nacemento. Son autores de textos tan importantes como: “Os xoguetes esquecidos”, “Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros: Primavera, Verán, Outono e Inverno” sendo estes un referentes en todos os centros educativos de Galicia, España e o mundo.

Os visitantes que se acheguen ao museo poderán gozar das coleccións privadas de ambos os investigadores, formadas por pezas irrepetibles ao ser creacións propias elaboradas con diferentes materiais: follas, paus, pedras, vexetais, madeiras, arame,… e así realizar xoguetes tan atractivos e inesquecibles como os tiracroios, pistolas, buxainas, barcos, bonecas, carrilanas, etc.

 

Podemos considerar que esta exposición permanente, é o primeiro museo do xoguete tradicional, que se abre na Mariña lucense e por descontado en Galicia. A visita para nenos, novos e adultos, é moi recomendable, convida a volver a vista atrás sobre a infancia e constatar as diferenzas entre as alternativas de lecer de hoxe en día e as que tiveron os seus antepasados. Todos os xoguetes en exposición foron construídos polas mans destes dous “mestres artesáns lúdicos” con materiais da propia natureza, ningún deles industrializados, por iso a importancia deste “Recuncho das Argalladas”.

 

O noso Director visita O Recuncho dos Entretementos en Lourenzá (Lugo)

 

Como anécdota da xornada, comentamos que durante a visita guiada, acompañounos na mesma, o propietario e dono do Pazo de Tovar, José Ventoso Iglesias que departiu connosco momentos lúdicos e felices da súa infancia.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.