Na mañá de hoxe, luns día 27 do presente mes de febreiro-22, ás 13 h. na Biblioteca da Facultade do Deporte e a Educación Física (antigo INEF-Galicia), situada en Bastiagueiro-Oleiros (A Coruña), despois dunha longa andaina de case tres anos de labor, dous deles motivados pola pandemia, sae á luz un traballo colectivo elaborado durante o confinamento polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Gallego, onde a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galica (MELGA) foron protagonistas do devandito acto.
Cunha sala abarrotada (máis de 200 asistentes) entre alumnos, profesores e persoas particulares externas á institución (xa que a entrada era libre), os oradores nesta ocasión representaban a tres institucións pertencentes ao Patrimonio Lúdico Gallego. Por parte do mundo das fundacións e museos, correu a cargo a disertación do noso presidente/director Ricardo Pérez e Verdes de Ponteceso (A Coruña) que disertou sobre a evolución histórica dos xogos e deportes na nosa patria galega. En representación do grupo de asociacións promotoras dos xogos e deportes tradicionais estivo Noelia Darriba de XOTRAMU de Muimenta (Lugo) que falou das entidades que engloban a nosa institución e das plataformas dixitais e finalmente Manuela Vázquez de Rianxo (A Coruña), representante do grupo de investigadores, cuxa intervención foi sobre a confección do texto. Todos os conferenciantes estiveron moderados na mesa, por Cristina López vicerreitora da Universidade da Coruña.
O libro leva por título os “Xogos Tradicionais galegos para tempos de recollida. Xogos para a casa e espazos reducidos”. Como ben indica o enunciado, é unha obra desenvolvida durante a época de pandemia que sufrimos no mundo, entre os anos 2020 e 2021, nos cales o enclaustramiento domiciliado obrigounos a entreter a toda a sociedade a través dos xogos no interior das casas, nun espazo reducido e ademais con material especificamente de reciclaxe. Durante este longo período, a través da nosa web, remitíanse entre 2 a 4 xogos galegos adaptables ás circunstancias coas modificacións necesarias para a habitabilidade onde se atopaban os nenos, persoas maiores e familias en xeral da nosa sociedade.
Ao ser pioneiros nesta nova modalidade de trasmisión intelectual a través das redes sociais e observando a gran acollida obtida, todos os membros (artesáns, investigadores, asociacións, educadores, museos,…) da entidade patrimonial, puxéronse a recompilar este traballo de grupo, dando froito a este magnífico apuntamento teórico-práctico desta modalidade lúdica.
Nesta ocasión, a presentación do libro correspondía á sétima intervención, pois xa se realizaron na Deputación de Lugo (editora da obra), viaxando despois a Melide, Santiago de Compostela, Canido, Valdoviño, Tui e A Coruña. As próximas actuacións corresponderán ás poboacións de Noia, o día 3 de marzo e en Rianxo o día 17 de marzo do presente ano 2023.
Leave A Comment