Foron moitos anos no amigos Anxo Gómez i Navarro e a súa esposa Enriqueta Rico, tiñan un compromiso tácito, co noso director Ricardo Pérez e Verdes, para que un día, non sabían cando, polas súas ocupacións profesionais, achegarse a Ponteceso para coñecer de primeira man, o noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
E que mellor momento, pois así o determinaron, que podía ser para felicitarnos en persoa polo décimo aniversario da nosa existencia e ao mesmo tempo colaborar coas nosas entidades, con algunha conferencia ou taller pola semana grande que tiñamos planificada. Polo motivo que todos saben, o gran acto semanal a realizar non levou a efecto, pero os amigos e colegas Anxo e Enriqueta, iso si, gozaron dunha xornada matinal ao completo, nunha visita guiada moi profunda, polas dúas salas do MELGA, en compañía e da man de Ricardo Pérez e da vicepresidenta da Fundación Lola Roel.
Anxo Gómez, é un dos pioneiros e expertos en España no campo dos xogos e deportes tradicionais, sobre todo da Comunidade Valenciana, membro da Asociación europea de xogos, presidente da Federación Valencia de Xogos e Deportes Tradicionais, presidente da “Escola Autónomica Jocs Tradicionals”, mestre, profesor de educación física, escritor e dramaturgo. Un dos grandes no mundo lúdico español. A súa esposa Enriqueta Rico, é unha pediatra moi recoñecida na comunidade autónoma valenciana e por afinidade, tamén experta en xogos e deportes tradicionais da súa terra.
Unha vez finalizada a súa visita ao MELGA, tanto Anxo e Enriqueta, asinaron no “Libro de Ouro” do museo, deixando unhas “agarimosas” palabras:
ANXO: “Cando unha persoa quere xogar está na rúa. Cando quere saber xogar pode ir ao MELGA e descubrir como se xogaba e como pode seguir xogando, pois o museo non só serve para ver, é para tocar e xogar. Grazas Ricardo pola túa gran aventura lúdica recuperando e ensinando a quen polo MELGA pasa. O teu amigo Anxo (30/setiembre/23)”
ENRIQUETA: “Esta visita foi marabillosa. O museo espertoume a miña imaxinación. Fíxome lembrar aqueles xogos aos que xogaba de nena. Unha visión cara ao pasado noso e dos nosos contemporáneos, así como de pobos antigos, Faiche imaxinar como xogabamos, Gocei moitísimo e agradezo enormemente o traballo de Ricardo. Grazas, parabén polo teu labor e ánimo para seguir con ela. É un ben para Galicia e o mundo. Grazas!. Enriqueta Rico (30/09/23)”.
Finalizados os protocolos correspondentes, os ilustres visitantes, gozaron enormemente da gastronomía da nosa zona pontecesá, así como das paraxes espectaculares de Laxe, Malpica, Corme, Monte Blanco, praia de Balarés, e Dolmen de Dombate de Cabana de Bergantiños.
Segundo eles, unha xornada extraordinaria.
Como se poderá comprobar, aínda estando pechado o museo para visitas por libre, os nosos compromisos adquiridos coas visitas guiadas, seguen realizándose puntualmente, tendo xa a axenda con reservas desde este mes de outubro ata xuño de 2024, que se inicia a tempada invernal.
Leave A Comment