O presidente e director da Fundación e do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) respectivamente, Ricardo Pérez e Verdes, en representación das devanditas entidades, foi convocado (onte mércores 16 do presente mes de abril-24), a unha reunión de traballo á Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Gallego, nas instalacións de EGAP, en Santiago de Compostela, onde están situadas as antedichas institucións públicas.
A reunión que estaba programada para as 10:00 h., deu inicio puntualmente, onde os convocantes da cita previa José Ramón Lete, Secretario Xeral do Deporte e Iván Caravel, Xerente do Deporte Gallego, non puideron asistir á mesma ,por problemas de axenda e saúde de última hora, pero estiveron no seu lugar os representantes estamentales e interlocutores Jorge Veiga, Técnico da Escola Galega de Deportes, Juan Carlos Argüello, xefe de Servizo de Programación Deportiva e do Deporte en Idade Escolar e Belia Méndez Rial, Subdirectora Xeral do Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte. Importante! Todos os presentes na reunión son profesionais cualificados do mundo da educación física e do deporte.
A sesión excedeu as dúas horas, onde os temas tratados foron: Transmisión das felicitacións ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e da Fundación, polo seu décimo Aniversario da súa creación; histórico e traxectoria de ambas as entidades; relacións institucionais públicas e privadas; consellerías implicadas no proxecto xeral: Cultura, Turismo, Patrimonio, Educación, Traballo, Rural, Deporte, Xogos Tradicionais, Política Lingüística, Medio Ambiente, #etc…. e sobre todo, falouse da posibilidade dunha firma dalgún convenio para a sustentabilidade do museo para o futuro máis inmediato.
Unha reunión altamente satisfactoria e pensamos moi frutífera, con visos dunha realidade para o futuro do noso Patrimonio Inmaterial Lúdico Gallego.
Estamos seguros que entre todos podémolo lograr, para que estas entidades galego-pontecesás, sigan sendo un referente no mundo, sobre a historia dos xogos e os deportes tradicionais e modernos a nivel expositivo e museístico!!
Leave A Comment