Un grupo de vinte e cinco nenos e nenas do CEIP. Joaquín Rodríguez Otero, do veciño municipio de Buño (Malpica) e as súas profesoras/titoras Sheila Puñal, Rosa María Iglesias e Sabela Gómez que representaba ao grupo, visitáronnos hoxe xoves día 29 de setiembre, sendo o primeiro centro escolar que o realiza, neste inicio de curso 22-23 e ao mesmo tempo era a súa primeira vez en coñecernos.
Cun número ideal para realizar unha visita guiada, todos os visitantes puideron realizar as prácticas dos xogos propostos con verdadeira profundidade, aínda así, a segunda sala quedou un pouco “colla” xa que era tal o entusiasmo, tanto de profesoras e alumnado, que nalgunhas ocasións desexaban repetir e repetir os diferentes xogos planificados. Pero o causante de non facer a visita guiada completa foi o pouco horario dispoñible polo centro para a devandita excursión lúdica-cultural. De todos os xeitos excedemos as dúas horas longas.
O neno Marco Sánchez de 10 anos de idade, foi o gañador do concurso de preguntas acertadas na visita, adquirindo como regalo unhas buxainas e un xogo de tres en raia conmemorativo do MELGA. Tamén todos os compoñentes o rematar a visita guiada, foron agasallados con unha bolsa de catálogos de publicidade do concello e do MELGA.
Un grupo altamente participativo, tanto en preguntas como en prácticas e desexosos volver visitarnos de novo. Sen dúbida, profesoras e alumnos, quedaron
impresionados do museo, que o pasaban moi ben e pensando como estiveran tanto tempo sen coñecelo e iso que estamos á beira de Ponteceso
Leave A Comment