Onte clausuráronse as visitas guiadas escolares neste ano tan singular pola pandemia

No día de onte martes 21, en sesión matinal, tivemos a última visita guiada deste curso escolar, coa asistencia ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso do IES. Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños. Os visitantes neste caso foron os alumnos e alumnas de 1º a 3º de ensino secundario da ESO, con idades comprendidas entre os 12 e 14 anos. Os mais de corenta visitantes viñeron acompañados dos seus profesores-titores María Isabel Pérez, Ricardo Pereira, Sergio Pereira e María José Taibo, que coordinaba a actividade extraescolar.

Ao contar cunha mañá con dúas actividades, a visita guiada foi mais curta do normal, escasamente dúas horas, xa que a continuación, os compoñentes do grupo desprazáronse a Ponteceso para iniciar a pé o Roteiro Pondaliano.

Durante o seu percorrido polas instalacións do MELGA, tanto alumnos como profesores, aproveitaron fructíferamente os coñecementos transmitidos polo guía e practicaron os diversos xogos programados. Varios dos visitantes era a súa segunda visita ao recinto, mentres os profesores eran a súa primeira vez en acompañarnos. As opinións finais foron que “Fora moi curta, con ganas de volver de novo para completar a mesma e que o acerto de vir ao museo como broche final de curso, fora un éxito”. Recalcar que o grupo funcionou á perfección, en todos os aspectos, aínda sabendo que a etapa da adolescencia é un pouco “desigual”. Felicitacións!

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.