Outra Semana Santa atípica con respecto ás visitas ao Melga

A Semana de Pascua do ano 2020, clausurada as visitas guiadas e particulares polas restricións gobernamentais ao CIVID-19, debemos informar que a dirección do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), nesta Semana Santa do ano 2021, atópase moderadamente satisfeita pola acollida, que nesta ocasión, dispensáronnos os visitantes que se achegaron ás nosas instalacións museísticas durante esta etapa.

Por tanto, tendo a referencia do anterior ano 2019 que superamos as 150 persoas, o balance alcanzado nesta semana de vacacións, superamos o centenar de persoas en grupos principalmente familiares, nunca superando as 10 compoñentes, seguindo estritamente en todo momento as correspondentes medidas establecidas para a pandemia.

Os compoñentes dos grupos, na súa maioría fueron da provincia da Coruña e a continuación da provincia de Pontevedra. Todos eles turistas de proximidade que procedían das localidades de Boiro, Malpica, Camariñas, A Coruña, Carballo, Ferrol, Bergondo, Betanzos, Cambre, Santiago, Arteixo, Laxe e Oleiros. Os grupos pontevedreses viñan da cidade de Vigo e Pontevedra. A Coruña en primeiro lugar destacou con 6 grupos, Santiago de Compostela con 3 e Carballo con 2, foron as localidades coa maior participación.

A nosa ilusión segue intacta, ainda que baixaramos en número total de visitas con respecto ao último ano, pois aínda que tivésemos unha soa persoa visitando o noso museo pontecesan, o MELGA segue entusiasmado e satisfeito dando a coñecer o noso Patrimonio cultural, lúdico e inmaterial de Galicia a través da apertura das súas salas de exposición a todo o público en xeral en datas vacacionais. Como mostra do que comentamos está a anécdota dun matrimonio con dous nenos ( un deles con disfuncións varias), comentaron que realizarían unha visita rápida porque o seu fillo non sabería cando ía “aguantar” o percorrido. Finalizada a mesma, despois de dúas horas e quince minutos, agradecéronnos a tarde tan extraordinaria que, tanto eles como os seus fillos, gozaran nun lugar descoñecido por eles e que sen dúbida a promoción estaba asegurada para os seus amigos e familiares. Iso é realmente a función do noso museo: divertimento, alegría e pasarllo ben, sempre xogando.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.