Os alumnos do curso de monitores de tempo libre de Laxe visitan o Melga de Ponteceso

Preto dunha trintena de integrantes do Curso de Monitores de Tempo Libre do municipio de Laxe, que programa anualmente o Centro de Formación e Lecer. COLAXE, achegáronse no día de hoxe (01/07/21), ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) para realizar unha visita guiada ao mesmo, na súa primeira ocasión. Os futuros monitores estiveron acompañados en todo momento pola profesora Paula Fondo e pola directora do centro formativo Natali Asorey, que ao mesmo tempo exercía de coordinadora da actividade.

Os alumnos do curso de monitores de tempo libre de Laxe visitan o Melga de Ponteceso

A sesión ao museo, era unha das moitas actividades que o curso tiña planificadas dos futuros animadores lúdico-culturais, ademais da relación que o mesmo ten nos ensinos recreativos, co mundo do xogo e o deporte tradicional durante o Tempo Libre e o Lecer.

 

A duración da xornada foi un pouco curta, debido que a visita ao MELGA viña acompañada doutra actividade como era a do Roteiro Pondaliano coa Fundación Eduardo Pondal. Tanto profesoras como alumnado en xeral, quedaron extraordinariamente moi satisifechos polos coñecementos adquiridos e polas prácticas que exerceron sobre algún xogo tradicional galego. A primeira sala foi moderadamente completada en teoría e práctica, en cambio a segunda sala quedou pendente para outra nova oportunidade, xa que, aínda que se visitou, non foi na intensidade que se merece o devandito recinto. O compromiso queda pendente, aseguraron todos os visitantes que nos acompañaron.

Os alumnos do curso de monitores de tempo libre de Laxe visitan o Melga de Ponteceso

Ao finalizar o percorrido da visita guiada, a directora do centro COLAXE Natali Asorey, tivo a ben facer entrega ao noso director Ricardo Pérez e Verdes, dunha caixa de música carrusel de hojalata, como recordo do día pasado na nosa entidade museística. Por descontado, dita peza, proximamente será exposta nas nosas vitrinas do museo. En nome da nosa Fundación, o seu Padroado e o MELGA agradecemos a deferencia que tiveron connosco, polo detalle significado. Plena e inmensamente agradecidos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.