Unha trintena de alumnas e alumnos de formación profesional da capital de Galicia, desprazáronse a Ponteceso o pasado xoves día 03 de maio, do Ciclo Superior de Educación Infantil CSFP COMPOSTELA, acompañados dos seus profesores Manuel Otero e Pilar Ares que ao mesmo tempo exercía de organizadora do evento, para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).
Con idades entre os 18 e 30 anos, o grupo compoñíano na súa maioría alumnas e soamente 2 alumnos. A visita guiada, que nesta ocasión foi matinal, tivo unha duración de case tres horas, onde todos os visitantes escoitaron e gozaron das explicacións do guía do centro museístico, así como das prácticas de xogos tradicionais alí presentados. A xornada foi moi gratificante e enriquecedora para todos eles, segundo opinións transmitidas, xa que o interese por coñecer e experimentar o ensino docente a través do xogo na idade infantil, para estes futuros ensinantes, foi máximo e sempre necesaria.
Debido ás súas incesantes preguntas, orientóuselles sobre a planificación, metodoloxía, obxectivos, lingüística, etc. que nas súas futuras clases deberían planificar para contar un bo ensino de calidade, sobre todo esta que é unha das nosas funcións pedagóxica e didáctica do MELGA desde o punto de vista do mundo lúdico dos xogos e deportes tradicionais. Aínda que nun principio o alumnado foi un pouco remiso ás prácticas, ao final coa axuda dos seus titores, resultou a xornada cun elevado carácter de competición recreativa. Coa práctica: apréndese, vívese e divírtese.
Leave A Comment