Onte tarde mércores 19 de maio-21, despois dunha sesión matinal intensa de reunión do Seminario Permanente realizada en Ponteceso, un grupo de media ducia de directores de centros docentes públicos da cidade da Coruña, tiveron a ben realizar unha parada vespertina de cortesía para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso. Todos eles viñan acompañados polo director coordinador Emilio Veiga Ríos, do Centro de Formación e Recursos (CC.PP.) da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, así como polo seu anfitrión José María Varela xerente da Fundación Eduardo Pondal.
O grupo de directores procedían dos centro de ensino primario e infantil (C.I.) da provincia da Coruña como o de Curros Enríquez; Colexio Celso Emilio Ferreiro (Cerceda); o Raquel Camacho; o María Pita e polos exdirectores do Alborada e do Anxo dá Garda.
Da visita de cortesía pasouse á visita guiada con máis aló de dúas horas de duración. Foi tal a expectación dos dirixentes educativos, que non deixaron de lanzar preguntas ao noso director Ricardo Pérez e Verdes e como non, practicando algúns dos xogos e deportes tradicionais que en museo atópanse. Entre asombro e satisfacción, todos os membros do grupo, comprometéronse a traer aos seus alumnos/ as proximamente ao MELGA para que gocen dunha velada lúdica-cultural, como eles lográbana. Ningún deles tivera ocasión de coñecer ata esta data o devandito museo pontecesán. O MELGA só recibiu afagos de todos os ilustres visitantes.
Nesta ocasión, a benvida ao grupo foi dada persoalmente polo alcalde Lois García Carballido que nos acompañou durante toda a sesión. Infinita gratitude ao noso rexedor, sendo como sempre unha verdadeira honra, ao contar coa súa presenza.
Leave A Comment