Os pequerrechos do centro docente ceense Manuela Rial visítannos outro ano máis

Hoxe venres pola mañá desprazáronse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) na súa sexta visita desde o ano 2018, o CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo da localidade de Ceé, nesta ocasión o grupo formábano pequeno de 1º, 2º e 3º de educación infantil, con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos de idade. O grupo moi heteroxéneo, formábano máis dunha corentena de alumnos e alumnas, que viñan por primeira vez a coñecer o museo e todos eles estaban acompañados polas súas titoras Alicia Boquete, María José Traba, Sheila Lado e Alejandra Caamaño que representaba ao centro docente e organizadora da “excursión” ao museo.

Ao contar cunhas idades moi pequenas e despois de realizar un “tentempié” entre as dúas salas, as máis de dúas horas e media que durou a xornada museística, gozárona a “lume de biqueira” a través de moitos xogos aplicativos ás súas idades. Aínda habendo moita diferenza nas súas condicións físicas e coordinativas, ningún amedrentouse “ en canto á competición-recreativa entre idades diferenciadas. Un grupo moi participativo e atento ás explicacións do guía do MELGA. Ao final da visita, cóntanos Ricardo Pérez e Verdes que se achegaron varios nenos e nenas para comentarlle o seguinte: “Ricardo, pasámolo moi ben, mellor o seguinte, pasámolo bomba”.

Como nota destacada da xornada lúdica, foi que durante a visita guiada, uníronse ao centro visitante un grupo de 10 persoas, que se achegaron ao museo, sorpresivamente, sen solicitar a cita previa para unha visita guiada, pois parece ser que non sabían as condicións esixidas pola dirección do museo. Por descontado, agradeceron a deferencia que tiveran o colexio e a dirección, por ter a posibilidade de sumarse ao grupo.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.