Outro ano máis festa lúdica e gastronómica en Canduas

Onte sábado día 08 de outubro do presente ano-23, a Comisión de Festas de Canduas -Cabana de Bergantiños (A Coruña) e a Asociación Cultural Carmen de Canduas, tomaron o mando da festa patronal do Sacramento, para ofrecer e convidar a toda a parroquia e concellos lindeiros, á “Festa do Xogo e o Chocolate”.

Como novidade deste ano, a través do seu organizador Abel Castro, dita asociación tivo a idea de solicitar, por segundo ano consecutivo, a colaboración do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) para celebrar un encontro de Xogos Tradicionais na Casa Cultural do municipio, combinando como mandan os canons, Xogo e gastronomía para unha tarde outonal espléndida.

Moitas foron as persoas que se achegaron ao recinto de xogo, cuxo inicio da sesión foi as 16,30 h. e a súa finalización, excedeu as 20,00 h. da tarde. Non faltando os xogos da ra, os zancos, os aros, os sacos, tirar da corda, a pesca, o tiro ao pau, a carreira de tartarugas, os hoyetes ou buracos etc., que, tanto nenos, novos, adultos e persoas maiores, tiveron moita aceptación, non deixando de mostrar a todos. Tanto participantes como espectadores), o habilidosos que demostraban ser. Non faltaron como o ano anterior para os máis “peques” os tan socorridos inchables para estas festas patronais.

Despois do esforzo, veu a reposición de forzas, coa repartición de chocolate con churros, que de forma gratuíta regalou a Comisión de Festas e a Asociación Cultural Carmen de Cánduas, a todos aqueles que se puideron achegar á festa lúdico-gastronómica, para degustar este alimento tan típico español.

Miles de grazas a estas institucións cabanesas, por seguir apostando con esta festa que tanto gusta a pequenos como maiores, desde hai moitos anos.

Gente en la Fiesta en Canduas 2023. Museo Melga.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.