Outro ano máis o CEIP Fogar de Carballo repite visita guiada ao MELGA

O municipio de Carballo é unha das poboacións de Galicia que máis representación escolar que tivemos durante este últimos dez anos en canto visitas guiadas, e pódese dicir, que co CEIP Fogar completamos o círculo total,  tendo en conta que moitos deles repetiron, ano tras ano o seu achegamento anual ao MELGA.

O grupo de hoxe xoves 02 de maio-24, correspondeu a catro clases (A-B-C e D) de 1º curso de primaria, cuxa idade era a de 6 anos e en total alcanzaban case a centena de alumnos e alumnas do devandito centro escolar e todos eles, viñan acompañados das súas profesoras-titoras Montse Castro, Rebeca Castro, Ely Romero e María Ángeles Trigo, que exercía de representante e coordinadora da actividade.

Nesta ocasión, era a súa primeira asistencia (1º primaria), pero a súa segunda experiencia (2º Primaria) no noso museo como centro escolar. Aínda que o tempo que se dispuxo para o percorrido museístico era o adecuado, pero en cambio a participación foi medianamente escasa, ao ser un grupo tan numeroso, aínda que si, gozaron moito dos xogos de interior en ambas as salas, pois as práctica exterior tívose que suspender polas inclemencias do tempo chuvioso existente na zona bergantiñá. O grupo dividiuse en dous subgrupos para realizar a visita guiada. Tanto a profesora Jessica Pose que acompañou na sesión ao noso guía, comentaron que o grupo fora modélico na súa actitude, moi participativo e disciplinado.

Cun pouco de máis de tres horas, tanto profesores como alumnos, desexaban regresar de novo o máis pronto posible, xa que lles entusiasmaba a “excursión” e desexan participar con máis profundidade na práctica global dos xogos alí expostos, cos seus pais, familiares ou algúns amigos.

Alumnos do CEIP Fogar de Carballo atenden ás instruccións de Ricardo Pérez y Verdes dentro do Museo MELGA de Ponteceso

Catro alumnos xogan a un xogo tradicional que consiste en suxeitar un pao, ante a atenta mirada do resto dos seus compañeiros e unha profesora nas instalacións interiores do melga de ponteceso, museo do xogo e o deporte

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.