Outro ano máis o grupo de nenos/as do Campus de Ponteceso regresa ao Melga

Este é o terceiro ano consecutivo, que o campamento de verán de Ponteceso, dentro do Programa “CONCILIA” que ten programado todos os anos o Concello, a través da súa concellería de Servizos Sociais , Igualdade, Atención ao Cidadán e Transparencia, dirixido pola concelleira Noelia María Varela Suarez, onte luns día 17 de agosto arribaron de novo ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) para nunha sesión matinal realizar unha visita guiada ao mesmo.

O grupo moi heteroxéneo, cunha franxa de idade dos 4 anos aos 12 anos, compoñíano 10 nenos e nenas de Ponteceso, acompañados polas súas monitoras Melanie Pazos e María Vitureira. Para algúns dos visitantes era a súa segunda vez consecutiva que viñan ao museo.

 

Otro año más el grupo de niós/as del Campus de Ponteceso regresa al Melga

 

A duración da sesión teórico- práxica durou aproximadamente dúas horas. Como novidade comentamos que este ano, ademais das medidas sobre o COVID-19 (máscaras, luvas e xel higienizante), o grupo dispuxo de máis tempo de visita que o 2019, por tanto puideron ver e xogar con entusiasmo, abrigo na segunda sala (a de historia do xogo e o deporte), xa que o ano pasado non se puido visitar por falta de tempo.

 

Os visitantes para a visita ao MELGA baixou en número de participantes, debido a que a distribución de grupos viñan deseñados con respecto ás parroquias do concello, o inicio foi onte con Ponteceso e próximamente, sen datas de momento, corresponderanlle a grupos de Corme, da Graña, Cores, Nemeño, etc.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.