Outro atleta olímpico galego visita as nosas instalacións museísticas

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, onte domingo (14/07/24) pola mañá recibiu, nas súas instalacións museísticas á parella conformada por Ramiro Bravo e a súa esposa Eva Alcaine, para realizar unha visita guiada con Ricardo Pérez y Verdes guía do museo.

A sorpresa foi grande xa que, aínda que tiñan programada dita visita hai algúns anos a mesma, pero nunca atopaban unha data axeitada por motivos profesionais. O encontro foi moi gratificante e pracenteiro, pois facía moitos anos que non nos viamos, xa que Ramiro Bravo fora un antigo alumno da 8ª Promoción da Facultade do Deporte e a Educación Física (INEF-Galicia) de Ricardo Pérez alá polos anos 96. Por estas datas, despois de licenciarse, doou ao noso director uns implementos deportivos persoais, para un futuro museo en cernes por aquelas datas (Nada menos que fai a friorenta de 28 anos).

O coruñés Ramiro Bravo foi o primeiro esgrimiador galego en asistir a uns Xogos Olímpicos, (Barcelona-92), ademais de ser Campión de España e Mundialista en varias ocasións. Especializouse na modalidade de florete conseguindo estar entre os dez primeiros do mundo na devandita especialidade (8º posto). Exerceu como tirador de alto nivel, mestre de esgrima, director de escola e profesor de educación física, sempre na Coruña a súa terra natal. Na actualidade é asesor empresarial do Complexo Municipal Pastoriza-Meicende. Pola súa banda Eva Alcaine na actualidade atópase exercendo o cargo de asesora do departamento de Deportes da Universidade Complutense de Madrid.

Sendo ambos os conyuges do ramo da actividade física, as dúas horas e media de percorrido por ambas as salas expositivas soubéronlle a pouco, aínda que se tratasen temas con bastante profundidade. Ademais de escoitar as explicacións do guía, non faltou a parte práxica, desenvolvendo varios xogos e entretementos tradicionais de Galicia e o mundo. O tempo foise esgotando sen darnos conta, aínda que a súa pretensión era volver retomar de novo outra próxima e inmediata visita. A sorpresa da mañá foi cando os nosos colegas atopáronse ante os seus ollos, nas vitrinas do MELGA, os obxectos doados por Ramiro facía algúns anos. Unha atopábase na etapa do século XVII (1622), cando nace a esgrima deportiva e outra na sala denominada Galería de Deportistas de Elite. As pezas eran: unha careta, unha luva e un florete.

Despois de finalizada a visita guiada, ambos os ilustres visitantes, asinaron no “Libro de Ouro” do MELGA, deixando as seguintes palabras: “Con agarimo e admiración ao meu profesor e amigo Ricardo, por todos os coñecementos e paixón que transmitiu a xeracións de alumnos: Este espazo que creou representa a Historia para a que empregou e apaixonou toda a súa vida “ (Ramiro Bravo, 14/07/24). “Un gran estímulo e todo un goce visitar este museo tan auténtico como o seu director Ricardo. Moitas grazas polo teu tempo e o teu entusiasmo” (Eva Alcaine (14/07/24).

Finiquitado a sesión matinal, en agradecemento á visita realizada, Ricardo, fixen entrega a ambos de senllos obsequios do noso museo, así como publicidade turística do noso concello de Ponteceso.

Unha xornada excepcional cuns visitantes entregados á nosa causa museística e segundo as súas palabras de despedida, serán os nosos embaixadores para que visiten este lugar tan espectacular para todos os públicos. Esperámosvos de novo prontamente!

Ramiro Bravo y su esposa atienden a las explicaciones de Ricardo Pérez y Verdes en el museo melga

Ramiro Bravo y su esposa atienden a las explicaciones de Ricardo Pérez y Verdes en el museo melga

Ramiro Bravo y su esposa posan con Ricardo Pérez y Verdes en el museo melga

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.