Outro hermanmento luso-galaico

Esta primeira fin de semana do recentemente estreado ano 2023, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), viaxou á veciña Portugal para realizar un irmandamento co “Museo do Xoguete Tradicional Popular”(Museo Escola do Brinquedo Tradicional Popular)”, situado na localidade portuguesa de Loureiro, parroquia de Cernache do concello de Coimbra, creado o 26 de abril do 2019.

O espazo da escola, onde se educaban os nenos e nenas loureiranos de primeiro ciclo de educación básica (desde o ano 2009 deixou de ter alumnado), de preto de 1.000 metros (200 m. cubertos e 800 m. ao descuberto) e que consta dita instalación dunha gran sala para situar a exposición permanente, un patio de xogos, unha pequena sala para os talleres e as instalacións sanitarias, que a través da firma dun protocolo ou convenio entre a Cámara Municipal (concello) e a Asociación Deportiva e Recreativa de Loureiro (ADRL), esta poderá utilizar gratuitamente das devanditas instalacións escolares durante un período de tres anos e con posibilidades de sucesivas concesións.

 

O noso director Ricardo Pérez e Verdes e a vicepresidenta da Fundación Lola Roel, foron recibidos por Joao Amado, mentor e principal impulsor do Museo do Xoguete Tradicional Popular de Loureiro, “Fillo da Terra”, que fai mais de 40 anos ten interese por todo o referente ao mundo do xogo, xoguetes e deportes tradicionais do seu país. Profesor Doutor da Facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Coimbra, profesor de Filosofía no Ensino Secundario e profesor da Universidade de Lisboa e na actualidade xubilado. Coordinou e participou en varios proxectos de investigación nacionais e internacionais sobre temáticas diversas no mundo da educación, etnografía e historia da infancia. Desde 1980 enfocou a súa atención e interese polo patrimonio lúdico tradicional da infancia, publicando diversos libros, artigos, capítulos, prólogos,…sobre os xogos e xoguetes tradicionais populares, sendo un referente mundial en dicha temática. A súa obra máis destacada é a de “Brinquedos Tradicionais Populares: Patrimonio e Memorias dá Infancia”. No 2016 recibiu o premio “Outtstanding Qualitative Boook Award Spanis or Portuguese Language Book”, á contribución que realizou ao “Manual de Investigación Cualitativa en Educación”. Nestes momentos é o director-guía deste proxecto comunitario, cuxo obxectivo é o de preservar, musealizar e divulgar unha colección composta por materiais e documentos referentes aquel tipo de entretementos cuxa particularidade é a de ser realizados polas propios nenos ou adultos, na liña dunha tradición simultaneamente universal e milenaria.

A mañá transcorrida na súa compañía, naquela pequena escola de Loureiro/Coimbra, segundo palabras dos nosos representantes pontecesáns “Será inesquecible”, primeiramente pola acollida recibida, pola súa hospitalidade, polo seu tempo dedicado, por transmitirnos pacientemente moitos dos seus coñecementos sobre a temática lúdico portuguesa e univeral e polas súas calidades manuais na confección de xoguetes artesanais e da natureza. O resultado final da sesión foi extraordinaria e frutífera.

Finalmente viñeron os intercambios de recordos entre ambas as institucións, a firma do irmandamento de entre as devanditas poboacións (misión principal pola cal nos desprazabamos) e que como primeiro paso quedou selado este primeiro encontro, que nos próximo meses do presente ano 2023, Ricardo Pérez e Verdes participará como convidado-relator nun Congreso Internacional sobre Xogos e Deportes Tradicionais e pola nosa banda, fixemos extensible a invitación oficial para que Joao Amado, en representación do Museo do Xoguete Tradicional Popular de Loureiro/Coimbra, visite e coñeza o concello de Ponteceso e por suposto o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.